28/04/11

Un neno e un peixe nunha biblioteca




É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio
dun bosque, calquera cousa pode acontecer.
Neste maravilloso libro con tonalidades ocres a base de tintas e pluma e pinceladas vermellas que centran a atención da historia está presente a difusa fronteira entre a realidade e a ficción.As súas ilustracións case non necesitan palabras, e precisamente no momento máis emocionante da aventura o relato plásmase só con imaxes.
O peixe vermello” presenta a biblioteca como o templo do saber, un espazo acolledor aberto á imaxinación e á ensoñación.
Este é o primeiro dos seis libros que publicou a ilustradora coreano-americana Taeeun Yoo que desenvolve maxistralmente neste libro o efecto de facer caer o protagonista -e con el o lector- dentro do propio libro.

14/04/11

Xogando a ler






Fai unhas semanas empezouse esta actividade co alumnado de Educación Infantil.Todos os xoves coa súa mes
tra escollen un libro da biblioteca para levar a casa.Os libros comezan a camiñar das mans das nenas e dos nenos para ver mundo e encherse de vida a traves de esas bonitas "bolsas de biblioteca", bolsas dos "libros que van e veñen", que facilitan esa viaxe.Nesta actividade faise partícipe ás familias da experiencia da lectura e o contacto cos textos.

13/04/11

El paso del tiempo

La casa, un álbum con ilustraciones de Roberto Innocenti y texto de J. Patrick Lewis, presenta las vicisitudes que sufre una vieja casa de campo, construida en 1656, a lo largo del siglo XX. Al comenzar el siglo la vemos medio derruida, como un lugar de juegos para los niños y al final la vemos completamente transformada. Entre medias, la casa sufre distintas modificaciones y, a su alrededor, ocurren muchas cosas.
La historia se cuenta, sobre todo, por medio de quince dobles páginas con una gran ilustración que muestra la casa y su entorno siempre desde la misma perspectiva. En ellas se pueden ir viendo los cambios que sufre tanto su aspecto externo como la distinta gente que la ocupa o que juega o trabaja en los alrededores. Además, en las dobles páginas que van entre cada una de las ilustraciones grandes, hay una o dos ilustraciones pequeñas en la izquierda y un texto corto en la derecha.

08/04/11

El libro de la felicidad

Se pensamos en positivo podemos alcanzar todos os obxectivos que nos propoñamos.Neste libro temos 59 consellos para ser felices.Todo é cuestión de poñelos en práctica.

06/04/11

2 de Abril :día do libro Infantil e Xuvenil



Hai uns días celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.Desde 1967 celébrase todos os anos o devandito día. A data elixida é o 2 de abril xa que nela conmemórase o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O evento está organizado polo IBBY (International Board on Books for Young People). Esta Organización encarga cada ano a un país diferente o deseño do cartel anunciador e da mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo. Para 2011, a sección de Estonia difunde o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe da escritora Aino Pervik.

Desde este blog queremos unirnos á celebración compartindo con todos vós o cartel e o texto.

28/03/11

As mochilas viaxeiras

De novo un ano máis púxose en funcionamento hai unhas semanas as mochilas viaxeiras.Este ano ademáis do 1º ciclo de primaria ampliouse ao 2º ciclo de primaria.Fixemos coincidir as mochilas viaxeiras coa exposición dos cadernillos sobre os libros do ano pasado.Esta actividade segue a ter moito éxito entre o alumnado.

12/02/11

CONTACONTOS KALANDRAKA


Un ano mais os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria tiveron a oportunidade de deixar voar a súa imaxinación con Kalandraka. Nesta ocasión Patricia González e Alex Fente combinaron narración, imaxes e música para invitar aos nenos e nenas á fantástica viaxe a través dos contos. Cantamos, tocamos palmas, rimos, e case choramos asustados coas historias de cocrodilos, xirafas e outros animais...

15/06/10

Exposición "Escola Konampalli"






Durante o mes de Xuño a Biblioteca Castelao ofrece a exposición "Konampalli School", composta por unha serie de paneis informativos sobre esta escola situada en Anantapur, A India. Con este centro educativo estamos a realizar un intercambio cultural durante o presente curso académico 2009-2010, a través da Fundación Vicente Ferrer. A exposición mostra imaxes desta escola, do seu alumnado e profesorado, de actividades lúdicas que se efectúan nos recreos, e tamén textos explicativos, e incluso unha carta de presentación dos nenos e nenas da escola Konampalli, escrita en lengua hindi.