Rematadas xa as vacacións de verán, iniciamos outro curso mais con ánimo e ilusións renovadas. Dende a Biblioteca Escolar queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa e dicirvos que contamos con todos vos para transitar por este curso 2014-2015 con moitas ganas de pasar bos e enriquecedores momentos lendo, escoitando historias, investigando e realizando moitas cousas mais. Esperámosvos!!!
21/09/14
18/05/14
Concurso de Portadas 2014
Temos expostas estos días as cubertas que fixeron os alumnos de Primaria e Secundaria, e para que tamén se poidan ver a través de internet tedes aquí esta presentación:
14/05/14
XOXÉ MARÍA DÍAZ CASTRO: LETRAS GALEGAS 2014
Acércase o Día das Letras e desde a AELG achégannos os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro dispoñen na súa web:
Por unha banda, no Espazo didáctico hai dúas unidades didácticas, ambas da autoría do profesor e crítico literario Armando Requeixo, quen recentemente defendeu a súa tese doutoral A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica. A continuación tedes os enlaces se premedes neles.
- Para a E.S.O.
-Para o Bacharelato.
Ademais, no Centro de Documentación da AELG, contamos co seguinte material que vos pode ser de utilidade:
- Un estudo divulgativo, tamén da autoría de Armando Requeixo, que conta cunha breve antoloxía de textos de Xosé María Díaz Castro, coas súas traducións a castelán, inglés, alemán, francés e italiano.
- Unha análise do poema "Penélope", a cargo do escritor Lois Diéguez.
- O artigo de Armando Requeixo "Versos de Ítaca. Presenza de Díaz Castro", publicado no Faro da Cultura, suplemento do Faro de Vigo.
- O discurso de entrada de Manuel María como académico numerario da Real Academa Galega, titulado A Terra Chá: Poesía e Paisaxe.
- O estudo "Novoneyra e Díaz Castro", no monográfico Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (Escrita Contemporánea. Revista da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, núm. E, páxs. 27-32)
- O artigo "Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae" - VI. Unha muller e outros poetas", de Victorino Pérez Prieto.
- Finalmente, vídeos coas lecturas de escritores socios da AELG que escolleron poemas de Xosé María Díaz Castro: (Premede neles parar acceder)
Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Se premedes na imaxe poderedes acceder directamente á páxina da CGENDL que contén o monográfico sobre Xosé María Díaz Castro.
DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN PRIMARIA
DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN SECUNDARIA
OS RAPACES DE GUITIRIZ RECOLLEN OS FROITOS DE DÍAZ CASTRO.
ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO
Son catorce poemas nos que a música fainos
chegar a peculiaridade e a emoción dos seus reveladores versos. As notas
musicais e a voz de Carmen Penim constitúen un achegamento á sutil poética de
Díaz Castro que potencia os valores líricos das composicións escolleitas.
24/04/14
CONCURSO DE CUBERTAS DE LIBROS
Un ano máis convocamos un concurso de deseño de cubertas de libros. Deixamos aquí as bases para todos os que queirades participar:
2º CONCURSO DE CUBERTAS
DE LIBROS, 2.014
O
Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa Biblioteca Castelao,
organiza o 2º concurso de portadas para
libros.
BASES:
1.
Dirixido
a : Todos os alumnos do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma
individual con un máximo de 3 exemplares
2.
Tema: O Concurso ten por obxecto a creación dun
deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o/a alumno/a teña lido.
3.
Nesta
portada ten que constar o título e o nome do autor do libro e ademais a
decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos, ilustracións, fotografías,
distintas tipos de letra, etc.
4.
O
libro pode ser de calquera xénero literario: poesía, novela, conto, teatro, ensaio,
tratado… . Tamén se pode optar por castelán, galego, inglés ou francés segundo
sexa o idioma no que se leu o libro.
5.
Formato:
Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar
a forma do soporte sempre que quede dentro das dimensións mínimas e máximas
sinaladas.
6.
Técnica:
Poderase utilizar calquera tipo de técnica: rotuladores, lapis, témperas,
collage, ordenador etc. Tamén se poden
combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un
collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografadas, etc.
7.
Soporte:
En función da técnica os traballos pódense entregar en papel, cartolina,
cartón, táboa, lenzo ou como arquivo informático se é o caso dun traballo feito
por ordenador.
8.
Data
e lugar de entrega: A data límite de entrega é ata o luns 12 de maio de 2.014. Os
traballos entregaranse na biblioteca ao profesor de garda na mesma.
9.
Premios:
Os premios entregaranse na semana das letras galegas (do 8 ao 17 de maio).
Outorgaranse varios premios en función da idade e das distintas técnicas. Os
traballos participantes serán expostos no centro e tamén no blog da biblioteca.
10.
Xurado:
O xurado estará composto por profesores/as deste centro.
23/04/14
Recordando a Gabriel García Márquez
Hoxe, día do libro, recordamos a figura de Gabriel García Márquez. Este escritor colombiano morreu o xoves 17 de Abril a idade de 87 anos en México.
Convirtíuse durante o século 20 en referencia central da literatura latinoamericana e en mestre do periodismo comprometido.
O escritor naceu en 1927 en Aracataca, un pobo ubicado no norte de Colombia. Esa comarca inspirou a creación do pobo mais recoñecido da literatura latinoamericana: Macondo, onde trascurre a mítica novela Cien años de soledad.
Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982 e con esto o recoñecemento mundial da súa producción literaria. En diciembre dese ano García Márquez pronunciou un recordado discurso coñecido como “La soledad de América Latina”.
“Poetas y mendigos, músicos y profetas, guerreros y malandrines, todas las criaturas de aquella realidad desaforada hemos tenido que pedirle muy poco a la imaginación, porque el desafío mayor para nosotros ha sido la insuficiencia de los recursos convencionales para hacer creíble nuestra vida. Este es, amigos, el nudo de nuestra soledad”, leu por aqueles días o escritor.
AUDIO: Un recorrido pola vida de Gabriel García Márquez.
Especial sobre Gabriel García Márquez e a súa obra literaria do xornal El Mundo.
Convirtíuse durante o século 20 en referencia central da literatura latinoamericana e en mestre do periodismo comprometido.
O escritor naceu en 1927 en Aracataca, un pobo ubicado no norte de Colombia. Esa comarca inspirou a creación do pobo mais recoñecido da literatura latinoamericana: Macondo, onde trascurre a mítica novela Cien años de soledad.Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982 e con esto o recoñecemento mundial da súa producción literaria. En diciembre dese ano García Márquez pronunciou un recordado discurso coñecido como “La soledad de América Latina”.
“Poetas y mendigos, músicos y profetas, guerreros y malandrines, todas las criaturas de aquella realidad desaforada hemos tenido que pedirle muy poco a la imaginación, porque el desafío mayor para nosotros ha sido la insuficiencia de los recursos convencionales para hacer creíble nuestra vida. Este es, amigos, el nudo de nuestra soledad”, leu por aqueles días o escritor.
AUDIO: Un recorrido pola vida de Gabriel García Márquez.
Especial sobre Gabriel García Márquez e a súa obra literaria do xornal El Mundo.
04/04/14
MI VIAJE AL NORTE
Lancy e Yolanda Ferrer con algúns dos profesores do noso centro na presentación do libro
Todos coñecemos a Lancy Dodem, primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer, xa que visitou o noso centro en numerosas ocasións. O vindeiro xoves 3 de abril estará de novo no CPI Virxe da Cela, esta vez para impartir charlas de sensibilización ao alumnado de educación infantil e primaria, aproveitando a súa viaxe a Galicia para presentar o seu libro "Mi viaje al Norte" (librería Arenas, A Coruña, mércores 2 de abril 2014). Aquí tendes información da FVF sobre esta actividade:
Queremos invitarte a la presentación del libro Mi viaje al Norte de Lancy Dodem. Una conmovedora historia del primer niño apadrinado por la Fundación Vicente Ferrer, que actualmente es portavoz de la organización.
Lancy Dodem pone de manifiesto en su relato el contraste entre dos realidades, Oriente y Occidente, y el abismo que las separa. A través de su narración, el autor nos anima a tomar las riendas de nuestras vidas con valentía.
Con la presencia de:
Sra. Cristina De La Vega, responsable del Gabinete de Comunicación de la Gerencia Integrada de A Coruña.
Sra. Yolanda Ferrer, representante de la Fundación Vicente Ferrer en A Coruña.
Sr. Lancy Dodem, autor de Mi viaje al Norte y portavoz de la Fundación Vicente Ferrer.
Día: Miércoles, 2 de abril
Hora: 19.30h
Lugar: Librería Arenas, Calle Cantón Pequeño 25, A Coruña
31/03/14
ENTROIDO na BIBLIOTECA
O pasado entroido fixemos na biblioteca unha exposición de máscaras feitas polos alumnos da ESO. Aquí podedes velas:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.gif.gif)
.gif.gif)
.gif.gif)






