Polo Samaín a biblioteca púxose a escuras e así lemos e contamos contos: os da ESO a 5º e 6º de EP cos seus microrrelatos, os maiores aos pequenos e as familias tamén tiveron o seu momento pola tarde. Fixemos exposición de títulos e tamén de casas encantadas baseándonos na novela de Agustín Fernández Paz "Cartas de Inverno". Non faltaron os medos reais, eses que saen todos os días nos xornais...
04/11/25
SOS: Monstros verdadeiros ameazan o planeta.
O alumnado de 3º de EP traballou con este libro de Marie G. Rohde para coñecer algúns perigos que nos acechan e que son reais relacionados cos problemas ecosociais e como facerlles fronte.
Formación de Usuarios.
Radio polo Samaín (6º de EI)
Os "exploradores de Monfero" de 6º de EI, convertéronse en auténticos locutores de radio! Nesta ocasión gravaron un podcast sobre adiviñas e refráns típicos do Samaín, traballando non só a comprensión e a lectura, senón tamén a ecxpresión oral, a escoita activa e o respecto polas quedas da fala.
Ademais aprenderon a seguir un pequeno guión, a falar diante dun micrófono e a colaborar en equipo, desenvolvendo así habilidades comunicativas e creativas moi importantes.
Foi unha experiencia chea de risas, aprendizaxe e moita ilusión.
Primeira reunión do club de lectura de adultas
Este venres día 7 de novembro ás 15:30 horas temos unha cita na biblioteca, comezará a andar o club de lectura de adultas. Elexiremos libro, poñeremos data para a seguinte quedada e algunha sorpresiña máis!


























