29/01/24

PRESENTACIÓN DO PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

 Luns 29 de xaneiro de 2024. Alumnado de 4º EP, con Cristina Cillero (mestra inglés).

MOCHILAS VIAXEIRAS

A partir do día de hoxe, o alumnado de algúns cursos de EI e EP vai comezar a levar unha "mochila viaxeira" con diferente material educativo para promocionar a lectura.  

A mochila viaxeira é unha actividade programada dende a Biblioteca Castelao do CPIP Virxe da Cela que tenta promover a lectura e ocio en familia.

A lectura prodúcenos sensacións e momentos de goce. Ábrenos vías de comunicación e nos conduce ao coñecemento. Proporciónanos experiencias novas para compartir cos demais. A familia é un bó lugar para experimentalo e dende a biblioteca ofrécemosvos a posibilidade de coñecer propostas e libros para ler e xogar.

A mochila permanecerá nas vosas casas unha semana, de martes a luns, días nos que podedes disfrutar dunha pequena selección de materiais.

Pedimos a vosa colaboración para que a actividade teña éxito. Desfrutade con ela dun tempo de ocio en familia, ao remate deixade debuxadas ou escritas as vosas impresións sobre a actividade e os materiais no Caderno de viaxe.

Cada semana será un alumno/a o encargado de levala para casa (irá os martes e terá que vir de volta os luns). No seu interior, vai un xogo de mesa, unha película, dous libros e un caderno de viaxe (onde o alumnado terá que debuxar o que máis lle gustou e as familias poderán escribir comentarios ou suxerencias). A mochila non se enviará nas vacacións (entroido e semana santa).



Velaquí temos ao alumnado que ignaugura esta iniciativa desfrutando das súas mochilas: