30/05/24

PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

 

O venres 31 de maio entregamos os premios do noso concurso e aquí tedes os resultados:

Microrrelato gañador na Categoría A (5º, 6º EP e 1º ESO)

TÍTULO: (PP)aliens
AUTOR: Marcu Buzera Popa (1º ESO)

Mirei cara o ceo e vin e vin a cousa máis insólita da miña vida. Tiña unha forma triangular dunha cor amarelada. Saía dela unha luz moi peculiar, como quen alumea dende o ceo cunha lanterna enorme. Dunha especie de bucina escoitábase unha voz cun estraño acento:
-Te-rrí-co-las, ren-dí-os.
Entón Manolo, que estaba xurrando a súa leira, exclamou anoxado: 
-Vaia, ouh! Xa están os do PP coa propaghanda.



Microrrelatos finalistas na Categoría A (5º EP, 6º EP e 1º ESO)


TÍTULO: A SEÑORA IMAXINATIVA  
AUTOR/A: Icía Seco Abeal (5º de EP)

O can non paraba de ladrar porque tiña fame.
Eu sempre que tiña fame dáballe verzas.
Un día, despois de darlle a súa ración de verzas, noteino un pouco raro: verde, con follas na cabeza, enterrado no chan e sen ladrar. Entón chamei ó veterinario para que o mirase.
Cando chegou, dime: “A ver, onde está o can?” e eu díxenlle: “Aí, enterrado no prado” i el contéstame: “Ai, señora, que imaxinación ten!

TÍTULO: A MIÑA SOMBRA
AUTOR/A: Enzo Primoy García (5º de EP)

Saín correndo sen mirar atrás porque me estaba perseguindo unha cousa negra. Perseguíame todos os días, a todas horas… Eu pensaba que era un home disfrazado todo de negro… pero non podía ser que un home estivera sempre atrás miña…, cos seus pes pegados nos meus. Cando chegou o inverno desapareceu e xa nunca máis o volvín ver. Agora que recordo… había algo raro: solo aparecía os días que facía moito sol.


Microrrelato gañador na Categoría B (2º, 3º e 4º de ESO)

TÍTULO: Paxaros de ferro
AUTOR: Marcos Garabana Tojeiro (3º ESO)

Mirei cara o ceo e vin unha cousa grande, non, moi grande. Estaba moi concentrada ollando as nubes e escoitei un estrondo que proviña de moi lonxe. De súpeto apareceu unha nave metálica e brillante, disipando unha nube fermosa. Dinme de conta do que era, logo de pensar un intre nunha conversa que lles escoitara aos meus pais había uns días. Unha nave para transportar xente de aquí para acolá, e perder o menos tempo posíbel. As persoas das cidades adoraban estes aparellos, pero a min séguenme a parecer paxaros xigantes de ferro que van estragar o mundo, e por suposto, tamén as miñas nubes. 




Microrrelato finalista na Categoría B (2º, 3º e 4º de ESO)

TÍTULO: O pai desaparecido
AUTOR: Elías Espiñeira Díaz(2º ESO)

O can non paraba de ladrar, parecía que quería saír, e saqueino. Pero non ladraba por iso, había alí alguén e… era o meu pai!! Había 20 anos que non o vía e agora... pretendía volver ser pai?  




Estos son os relatos presentados en cada categoría:

MICRORRELATOS ALUMNADO CATEGORÍA A

TÍTULO: Os animais sabíano.

AUTOR/A: MTE 

O can non paraba de ladrar. Os paxaros voaban, os peixes saltaban. Ninguén sabía que pasaba, todos os animais estaban alterados.  Os socorristas viñeron correndo da praia berrando e avisando dun perigo. Din a volta e inexplicablemente unha ola xigante balanceouse sobre min. 

***


TÍTULO: (PP)aliens

AUTOR/A: MBP

Mirei cara o ceo e vin e vin a cousa máis insólita da miña vida. Tiña unha forma triangular dunha cor amarelada. Saía dela unha luz moi peculiar, como quen alumea dende o ceo cunha lanterna enorme. Dunha especie de bucina escoitábase unha voz cun estraño acento:

-Te-rrí-co-las, ren-dí-os.

Entón Manolo, que estaba xurrando a súa leira, exclamou anoxado: 

-Vaia, ouh! Xa están os do PP coa propaghanda.

***


TÍTULO: Unha mañá estraña.

AUTOR/A: EAS

O can non paraba de ladrar. O meu pai xa dicía que os animais eran moi sabios. Eu e as cativas paradas estabamos esperando o momento. Non tiñamos boa cara, esa noite fora dura... Pero algo me dicía que a situación ía mudar. Estas nenas eran o futuro da humanidade, por iso debiamos coidalas, eran a nosa esperanza.

***


TÍTULO: A SEÑORA IMAXINATIVA  

AUTOR/A: ISA

O can non paraba de ladrar porque tiña fame.

Eu sempre que tiña fame dáballe verzas.

Un día, despois de darlle a súa ración de verzas, noteino un pouco raro: verde, con follas na cabeza, enterrado no chan e sen ladrar. Entón chamei ó veterinario para que o mirase.

Cando chegou, dime: “A ver, onde está o can?” e eu díxenlle: “Aí, enterrado no prado” i el contéstame: “Ai, señora, que imaxinación ten!


TÍTULO: UNHA CHAMADA ABSURDA

AUTOR/A: ISA

Tiña no móbil 20 chamadas perdidas da miña filla mentres estaba na miña clase de pilates. Como ela quedara soa na casa, preparando a maleta para irse de viaxe a París, eu asusteime e preocupeime moito por si pasara algo grave. Cando chegamos ó descanso e lle devolvo as chamadas perdidas, ela vai e dime:

-Ola, mama, que tal?

-Ben. A ver, filla que pasou?

-Nada era para preguntarche se a camiseta de Mickey está planchada.


TÍTULO: O XANTAR MÁIS NOXENTO DE TODOS

AUTOR/A: ISA

Pensei que era unha boa idea facer de comer para cando viñeran papá e mamá. Ocorréuseme facer pescado acompañado dunha ensalada. Mirei na neveira a ver se había pescado para cociñar pero acabárase. Entón collín o peixe da peceira e cociñeino. Para a ensalada busquei leituga, pero tampouco quedaba. Fun fóra e collín un puñado de herba fresquiña e aliñeina. Cando meus pais chegaron e se sentaron á mesa, miña nai, ao ver o xantar díxome: “Pero meu fillo, que lle fixeches ao peixe?”. Eu contesteille: “Pero mamá, ti non dis que hai que comer de todo?

***


TÍTULO: PERDÍN O MÓBIL

AUTOR/A/A: MAC

Tiña no móbil 20 chamadas perdidas porque tiven o meu móbil extraviado durante dous meses. Resultaba estar debaixo do meu sofá.

TÍTULO: MALA IDEA

AUTOR/A: MAC

Pensei que era unha boa idea quedar de porteiro para xogar ao fútbol. Pero non era tal… Mentres observaba un paxaro interesante déronme co balón na cara.

***


TÍTULO: O CAN CIUMENTO

AUTOR/A: ECS

O can non paraba de ladrar porque me viñan traer a “pascua” os meus tíos.


TÍTULO: REVÉS

AUTOR/A: ECS

Pensei que era unha boa idea peor ao final saíu moi mal.

***


TÍTULO: A GRAN SORPRESA

AUTOR/A: MSC

Pensei que era unha boa idea madrugar un pouco máis e deixar a miña cama feita antes de ir á escola para aforrarlle traballo á miña nai.

Cando volvín da escola levei unha sorpresa. Tiña encima da cama un regalo… do meu can.

***


TÍTULO: A MIÑA SOMBRA

AUTOR/A: EPC

Saín correndo sen mirar atrás porque me estaba perseguindo unha cousa negra. Perseguíame todos os días, a todas horas… Eu pensaba que era un home disfrazado todo de negro… pero non podía ser que un home estivera sempre atrás de mín…, cos seus pes pegados nos meus. Cando chegou o inverno desapareceu e xa nunca máis o volvín ver. Ahora que recordo… había algo raro: solo aparecía os días que facía moito sol.

***


TÍTULO: PAXARO PELEÓN

AUTOR/A: IAC

Mirei cara o ceo e vin, nunha árbore, un gato perseguindo a un paxaro. Era un xílgaro que tiña un niño con tres oviños. O paxaro, sen pensalo, pillou co seu peteiro un pau e deulle uns cantos golpes na cabeza ao gato.

O pobre gato non contaba con esa golpiza e colleuno tan de sorpresa que, co susto, caeu da árbore e foi parar a unha poza de auga e púxose perdido de lama. Dende aquel día nunca máis se achegou a ningún paxaro. Pola contra, cando ve algún escapa correndo e non o volvemos ver durante días. Dende entón os ratos fan festa na miña casa.

***


TÍTULO: O CEO

AUTOR/A: CVD

Mirei cara o ceo e vin a Deus baixar ata a terra. Cando me din conta aparecín nun paraíso de nubes.

***


TÍTULO: O ESPÍRITO

AUTOR/A: UT

Pensei que era boa idea comprar unha serpe para ter compañía. Un día decidín durmir con ela. Ás 00:07 empezouse a estirar ata que me din conta de que... Estábame comendo!

Agora son un espírito que vai de casa en casa buscando se alguén ten unha serpe e matala.

***


TÍTULO: COUSAS PARANORMAIS POLO MEDO

AUTOR/A: NG

Saín correndo sen mirara atrás porque escoitaba uns pasos tras de min. O peor era que ía eu soa. Vin a miña casa moi lonxe e tentei abrir a porta, polo medo non conseguía abrila e case caio polo medo.

***


TÍTULO: O CARAMELO

AUTOR/A: CCS

Pensei que era boa idea meterme nesa casa tan escura e pequena.

Pasados uns minutos aquel home tan raro atopoume, colleume da man e arrastroume de novo a ese armario tan pequeno.

Eu petaba e berraba, pero ninguén escoitaba.

Para min xa pasaran dúas horas, pero mirei o reloxo e só pasaran cinco minutos.

O que nunca pensei é que roubar un só caramelo dera tantos problemas.

***


TÍTULO: Un monstruo?

AUTOR/A: EPL

Saín sin mirar atrás, pensando que tiña que empregar unha misión. Encontrar quen robaba nas tendas do pobo. Era un misterio ata que o señor da tenda dixo que sempre vía cativos/ass de 14 anos pola súa tenda cada noite.

Despois de encontrar os cativos/as lles dixo que foran elas, pero fixron que foran uns monstruos. 

Non era de crer pero xa había moita xente que falaba sobre o mostruo do pobo. E como non había outra declaración houbo que investigar por iso.

No bosque hai un pozo e mirou nel e era un can cuberto de algas e produtos das tendas que eran para coitar uns gatiños. E dende aquela tiña un lugar so para el. E xa acabou a historia.



MICRORRELATOS ALUMNADO CATEGORÍA B


TÍTULO: Paxaros de ferro

AUTOR/A: MGT

Mirei cara o ceo e vin unha cousa grande, non, moi grande. Estaba moi concentrada ollando as nubes e escoitei un estrondo que proviña de moi lonxe. De súpeto apareceu unha nave metálica e brillante, disipando unha nube fermosa. Dinme de conta do que era, logo de pensar un intre nunha conversa que lles escoitara aos meus pais había uns días. Unha nave para transportar xente de aquí para acolá, e perder o menos tempo posíbel. As persoas das cidades adoraban estes aparellos, pero a min séguenme a parecer paxaros xigantes de ferro que van estragar o mundo, e por suposto, tamén as miñas nubes. 


TÍTULO: A noite máxica

AUTOR/A: MGT

O can non paraba de ladrar, así que decidín erguerme da cama quentiña e separar as cortinas para mirar pola fiestra. Estaba asustado, non sabía que facer, pero concentreime en descubrir algo. Vin un home enmascarado que intentaba forzar a porta da nosa casa cunha forzar. Sentinme moi angustiado e pensei en chamar aos meus pais, pero logo penseino mellor e abrín a xanela. Lancei uns libros do colexio e caeron enriba del. De aí a un intre o home marchou aparvado. Dende ese día sempre o digo, hai que intentar facer as cousas por un mesmo. 


TÍTULO: Que misterio!!

AUTOR/A: MGT

Tiña no móbil 20 chamadas perdidas, mirei de quen eran e resultaron ser do meu mellor amigo  Teo. Chameino inmediatamente e colleume ao primeiro ton. Díxome que roubaran a moto do noso amigo Raúl. Sentinme moi mal e quedamos os tres de aí a media hora na praza do concello. Falamos e falamos e cando xa anoitecía fúmonos cada un para a súa casa. Pero, como se fose unha milagre, vin nunha esquina, agochada, a moto do meu amigo. Como era isto posíbel? Ninguén o sabe, ata vinte anos despois. 

***


TÍTULO: A ponte

AUTOR/A: VGR

Pensei que era unha boa idea atallar por debaixo daquela ponte para chegar antes á miña casa, pero de súpeto escoitei a voz dun neno pedindo axuda. Achegueime mentres intentaba socorrer a aquel pequeno que choraba aflixido, ata que me din de conta de que non había ningún neno, senón un monstro. 


TÍTULO: O segredo

AUTOR/A: VGR

Tiña no móbil 20 chamadas perdidas da miña mellora amiga, pero non podía contestarlle. Ese día era o seu aniversario e eu estaba organizándolle unha festa sorpresa. Cando acabei de colocar os faroliños de papel a porta da sala abriuse ruidosamente e entrou ela. Púxose super contenta e comezou a chorar de alegría. Ao final todo saíu ben. 

***


TÍTULO: A festa sorpresa

AUTOR/A: EPD

Tiña no móbil 20 chamadas perdidas e dinme de conta de que a metade eran da miña nai. Algo ocorrera e parecía quen non era bo… Cando cheguei a casa da miña nai non pasara nada, so… era unha festa? O meu aniversario, esquecérao!


TÍTULO: O pai desaparecido

AUTOR/A: EPD

O can non paraba de ladrar, parecía que quería saír, e saqueino. Pero non ladraba por iso, había alí alguén e… era o meu pai!! Había 20 anos que non o vía e agora... pretendía volver ser pai?  


TÍTULO: A persecución

AUTOR/A: EPD

Saín correndo sen mirar atrás porque alguén me perseguía, o vira roubando e viña por min. Eu, coma coñecía a cidade, puiden deixalo atrás.

***


TÍTULO: A casa embruxada

AUTOR/A: XDA

Pensei que era unha boa idea, pero decateime de que non era así cando a porta se pechou soa tras de min, xusto despois de entrar naquela casa abandonada. Dende ese momento souben que sería o meu fin. 


TÍTULO: O Lobishome

AUTOR/A: XDA


Saín correndo sen mirar atrás, pero ao cabo dun intre, ao chegar ao bosque, din volta pero non vin a ninguén, pero... o meu instinto dicíame que non estaba so, de todos xeitos collín o atallo do bosque xa que se facía tarde. Logo arrepentinme, xusto despois de escoitar un ouveo tras de min. 

***


TÍTULO: Pesadelo

AUTOR/A: NGP

Mirei para o ceo e vin que todo era vermello, todos estabamos moi asustados, o demo estaba de camiño, víase ao lonxe ata que lanzou un proxectil á miña casa. Como era habitual, espertei despois dese gran pesadelo, pero en canto abrín a persiana e vin o ceo vermello de novo, estábase cumprindo o meu soño, o día máis feliz da miña vida, unha aurora boreal. 


TÍTULO: Memoria

AUTOR/A: NGP

Pensei que era boa idea mirar ao meu arredor, pero non había nada peor que facer. Todo eran ollos mirándote onde ningún parecía ser o teu amigo e unha fera mandándote ir ao canón da morte, ou do aburrimento, xa que vivo sempre saes.

***


TÍTULO: AQUELA NOITE

AUTOR/A: SBV

Saín correndo sen mirar atrás....

Todo comezou a noite do trinta e un de outubro. Estaba a anoitecer cando tiven a idea de saír a camiñar, como facía tantas veces.

Todo estaba moi tranquilo, o único que se escoitaba eran os sons dos grilos e o ouvido de algún can.

Dirixinme cara ao monte por un camiño empedrado. De súpeto notei un frío estraño, e ao xirar a cabeza, vin fronte a min unha procesión de ánimas que me estremeceu, era a mismísima santa compaña. Sempre pensei que eran lendas, mais ao ver eses espectros saín correndo na busca dun cruceiro ou unha igrexa, xa que din que se te achegas a eles a santa compaña esvaécese pero...

Xa era tarde! Agora terei que vagar como ánima en pena coa esperanza de atopar a outra persoa que cometa o mesmo erro ca min...

Non saiades da casa a noite de Samaín se non queredes ser peregrinos coa santa compaña durante a vosa vida.

***


TÍTULO: A REALIDADE

AUTOR/A: PPG

Pensei que era unha boa idea xa que os meus compañeiros non era a primeira vez que o facían. Fun ao río que estaba preto da miña casa que normalmente nesta época do ano está xeado, pero ese día non entendía moi ben o porque da súa alta temperatura. Metín a man e de súpeto comezou a ferver como se fora unha ola expres. Saqueina e o primeiro que fixen foi avisar aos meus compañeiros. E se chegaban coma sempre e se tiraban a nadar de golpe?

A miña vista nubrouse e non puiden dar un paso. Non recordo nada máis.

***


TÍTULO: DESPOIS DE TODO

AUTOR/A: MPL

Pensei que era unha boa idea, tan boa que non me decatei do erro que estaba cometendo nin que prexudicaría a tanta xente. O peor de todo é que non puiden desculparme nin sequera dos meus amigos, que xa non me miran cando me ven polos corredores. Despois de dous anos non penso pedir perdón porque non me escoitaron cando llo intentei explicar.

Agora estou soa e xa non me teño que preocupar polos demais. En verdade a soidade gústame e non me importa facer as cousas soa porque non necesito que ninguén me axude. E aínda que me arrepinto do que fixen ao final as consecuencias non foron tan malas.

***


TÍTULO: NON FOI BOA IDEA

AUTOR/A: XTM

Pensei que era unha boa idea fuxir da escola, non sabía o que me ía a pasar.
O que si sabía era que me ían botar da escola despois do que fixen. Prendín lume a escola. Fíxeno porque xa estaba farta de que os profesores nos mandaran tanta tarefa para facer na casa. Eu quería descansar e xogar ao fútbol.
Só recordo que estaba no recreo, pero subín a clase de tecnoloxía. Alí como había moita madeira e aparellos, decidín prender alí o lume, xa que tiña maior facilidade de prender o lume. Para axudar que prendera , collín un bidón de gasolina que estaba aló ao carón da porta. Cando me din conta xa estaban lapas dun lado ao outro.
O ceo escurecíase co fume negro, as ventás rompían coa calor, a xente corría sen parar e sen saber o que facer, os profesores chamaban as emerxencias e eu mirando todo ao meu a redor coma empeoraba a situación.
Unhas sirenas da ambulancia retumban os meu oídos en canto me espertei no hospital.

***


TÍTULO: O ÚLTIMO POSTO

AUTOR/A: XA

Mirei cara o ceo e vin como caia o balón recén sacado polo outro equipo ou gañabamos un cero se perdíamos quedabamos últimos , atrapo o balón , xa pasaron dez minutos, a adestradora comeza a realizar cambios que nun futuro non a axudarían ao equipo. Efectivamente, en cinco minutos xa encaixamos seis goles, era imposible de remontar a simple vista, pero con un pouco de esforzo podíase conseguir. Ao empezar a segunda parte ,dous tantos, mantíñanos con esperanza. Tan solo quedan dous minutos , o marcador segue igual , seis a tres. Finalmente non houbo sorte , pero a copa foi outra historia moi diferente ,solo digo que dende oitavos avanzamos unhas cantas rondas mais.

***


TÍTULO: O SECUESTRO

AUTOR/A: DF

Saín correndo sen mirar atrás, sen saber o que estaba por acontece .Unha furgoneta branca estaba a perseguirme, eu tiña medo porque non sabia se era un secuestrador ou unha persoa normal, tiña moitas dubidas porque o home que estaba na furgoneta estaba a seguirme a todas as direccións.   Ao mellor era unha coincidencia pero eu seguín o meu rumbo, ata que a furgoneta apareceu diante miña, e un home estaba saíndo da furgoneta, foi a xunta miña e me pregunta onde esta o supermercado mais preto de nos, eu moi asustado saín correndo ata a miña casa.

***


TÍTULO: A CASA QUE NON COÑECÍN 

AUTOR/A: ASG

Saín correndo sen mirar atrás. Non podía co medo, o corazón íame a mil. Eu seguía pensando que era aquel soño, pero non tiven tanta sorte para que o fora.

Empeceime a pelizcar e  dar golpes xa que non me podía crer o que acababa de pasar.

Cando tiven a forza de mirar cara atrás alí estaba, tirado no chan recapacitando o que acababa de pasar. Eu nese momento non sei como me din levantado, estaba tan nerviosa e vendo o que tiña a redor da pel sen saber ven o que acababa de pasar.

Cando  de repente me ven unha sombra por detrás séntome e o cabo de un tempo empezo a ver todo dunha maneira peculiar, empezo a ver todo dunha maneira como mareada, sen saber moi ben o que estaba pasando, da última cousa que me acordo e de estar tirada no chan sen saber nada do que en realmente pasou.

Cando abro os ollos  non estaba na miña habitación, non estaba na miña casa, non sabía onde estaba, miro o arredor e había persoas que non coñecía.

***

TÍTULO: Domingo de Moto

AUTOR/A: HC


Pensei que era unha boa idea ir dar unha volta na moto. Levanteime da cama, almorcei e puxen o traxe da moto. Fun cara ao garaxe para coller a moto, boteille gasolina e encendina mentres me poñía o casco e os guantes. 

Así que estiven listo subinme á moto e arranquei como todos os domingos que vou dar unha volta. Ía algo rápido e a moto díxome unha explosión no motor e caín.

Por último estaba alí tirado no camiño e nisto veu un grupo de motoristas de cross e pregúntanme que me pasara e eu expliqueilles todo. Remolcáronme ata a miña casa.

Chegamos á miña casa, dinlles as grazas e fóronse os motoristas. Metín a moto na palleira para arregala e fastidioume todo o domingo. 


***

TÍTULO: Un paseo con traxedia

AUTOR/A: BBP

Pensei que era unha boa idea ir dar un paseo co meu amigo polo monto ata que tropezou cunha pedra, caeu ao chan e deuse un golpe na cabeza. Cando se levantou véxolle unha ferida pola parte de arriba da orella e un rego de sangue que corría por ela. Tiven que chamar á ambulancia e cando chegou, levárono ao hospital.

Ao final penso que a idea non foi tan boa.

***

TÍTULO: Noites de insomnio

AUTOR/A: SVM

Saín correndo sen mirar atrás, mentiras o vento e as pingas de choiva golpeábanme con forza na cara, indo pola rúa nunha tormenta, escapando dos meus problemas, correndo sen parar como se fuxir deles fora a solución. Pero no meu interior sabía que esas tormentas mentais non ían desaparecer se no as afrontaba. Esas tormentas que pola noite non se esvaecían, nas que pola noite acompañábanme vendo a sombra das árbores reflectidas pola luz da lúa, escoitando o ruído das polas golpeando na ventana, nesas noites de insomnio.

Pero esos problemas acabarían.


***

TÍTULO: Un final inesperado

AUTOR/A: EOB

O can non paraba de ladrar, así que saín da casa correndo pensando que alguén entrara nela. 

Ao saír vin un home todo vestido de negro correndo polo monte arriba. Collín o can e saín tras del xa que me percatei de que me faltaban cousas da casa que el me roubara. 

Escondinme detrás dunha árbore ao ver que el paraba nunha cabana no medio do monte. Cando el se meteu na cabana peteille na porta e saíume unha señora maior que andaba en cadeira de rodas. Ela preguntoume que pasaba, e eu respondinlle dicíndolle que un señor me roubara cousas que eran miñas.