25/04/24

ARANTZA PORTABALES: PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2024



Co gallo da celebración do Día do Libro 2024, publícase a Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se recoñece á escritora Arantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23.


Resolucion Premio Clubs de ... by veracruces

24/04/24

CONTANDO E XOGANDO COS NOSOS AVÓS/AVOAS

No mes de marzo de 2024 os membros do Club de Lectura Larpacontos da ESO propuxeron iniciar un proxecto apadriñamentos lectores co alumnado de 2º de EP, que consiste na realización de lecturas compartidas algúns mércores na hora de lecer de secundaria. Nun dos libros utilizados (Inés e a cadela sabia, de Darío Xohan Cabana, editorial Rodeira) falábase dos xogos de cartas, e de maneira espontánea os pequenos e pequenas referíronse a eses xogos que os conectaban cos saberes dos seus avós/avoas. Iker Sánchez convidou aos avós e avoas da titoría de 2º EP para visitar o centro e así o martes 24 de abril de 2024 puideron compartir cos seus netos/as non so as regras da baralla e os xogos asociados a ela, senón todas esas vivencias que conectaban cun pasado no que estes xogos constituían unha das opcións de ocio e lecer con familiares nos fogares en aqueles tempos de menos abundancia.

 






23/04/24

23 de abril - DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO

 Día Internacional del Libro

¿Una nueva fecha conmemorativa salida del equipo de Márketing de una conocida empresa española de grandes almacenes para vender más libros? ¿De una asociación de libreros?

Nada más allá de la realidad.

El Día del Libro nace hace casi 100 años con la idea de homenajear al autor del Quijote, Miguel de Cervantes, o como él firmaba, Miguel de Cerbantes. Sí, con B.

Si bien al inicio se comenzó celebrando su figura en la fecha de su nacimiento, los bailes de fechas típicos de los doctos investigadores que ponían en duda que fuese el 7 de octubre (esa había sido la fecha original), sumado al mal tiempo de comienzos de octubre, hizo que la fecha se pasara al 23 de abril, pues una coincidencia astral hizo que coincidieran en ese día la muerte del genial Cervantes con la del no menos genial Shakespeare.

Poco importa que otras generaciones de investigadores aun más doctos que los anteriores, dictaminases que la fecha de fallecimiento del español fuese la víspera de este 23 de abril, pues será esta y no otra la que permanecería.

As datas bailan, os libros, no formato que sexa, permanecen. Nas nosas estanterías e nas nosas cabeciñas. Axúdannos a moldearnos como persoas. Axúdannos a ser.

Por iso, na lingua que sexa, en el idioma que sea, le! ¡Lee! Lis ! читай! Read! Leggi! 

Cantos máis, mellor. En cantas máis linguas o fagas, aínda mellor.

Serás quen de pensar críticamente, de non ser enganado, de sentir, de rir, de chorar, de ter ganas de ser máis ti, de ter unha voz, de reflexionar e de ter o teu espazo.

Todo para ti. 

Todo nun libro.

Por iso, na Biblioteca Castelao unímonos a esta conmemoración unindo o día do Libro e o ano que Bibliotecas Escolares de Galicia adica ao COMIC con traballos da rapazada de 5º de Primaria.

Ah! E os préstamos de libros hoxe tamén serán gratis. ;)





22/04/24

OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO CON PEDRO IGLESIAS

Os días 22 e 26 de abril de 2024 o alumnado de 4o de Educación Primaria tivo a oportunidade de parcipar nunha formación de radio. Esta acvidade está enmarcada no proxecto RADIO NA BILBIO no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares e ten como finalidade a creación de emisoras/laboratorios de radio e favorecer as competencias informacionais e mediácas do alumnado. Preténdese promover a expresión oral, alfabezación mútilple e o traballo colaborativo. Para isto contamos coa presenza de Pedro Iglesias que nos ensinou diversas estratexias para falar na radio como o importante que é transmir as emocións aínda que non nos vexan, ter unha boa dicción e sobre todo a naturalidade. Ademais puidemos facer unha pequena gravación e aprendemos a manipulala. Foi unha experiencia marabillosa!