24/04/24

CONTANDO E XOGANDO COS NOSOS AVÓS/AVOAS

No mes de marzo de 2024 os membros do Club de Lectura Larpacontos da ESO propuxeron iniciar un proxecto apadriñamentos lectores co alumnado de 2º de EP, que consiste na realización de lecturas compartidas algúns mércores na hora de lecer de secundaria. Nun dos libros utilizados (Inés e a cadela sabia, de Darío Xohan Cabana, editorial Rodeira) falábase dos xogos de cartas, e de maneira espontánea os pequenos e pequenas referíronse a eses xogos que os conectaban cos saberes dos seus avós/avoas. Iker Sánchez convidou aos avós e avoas da titoría de 2º EP para visitar o centro e así o martes 24 de abril de 2024 puideron compartir cos seus netos/as non so as regras da baralla e os xogos asociados a ela, senón todas esas vivencias que conectaban cun pasado no que estes xogos constituían unha das opcións de ocio e lecer con familiares nos fogares en aqueles tempos de menos abundancia.

 






Ningún comentario:

Publicar un comentario