27/10/23
UNHA BIBLIOTECA ARREPIANTE
24/10/23
TECENDO COMUNIDADES
Hoxe, martes 24 de outubro 2023, a Biblioteca Castelao do CPI Virxe da Cela (Monfero) quere celebrar o Día das Bibliotecas, compartindo este fermoso e significativo lema: "Tecendo Comunidades".
Imaxinamos as bibliotecas como uns telares onde se van tecendo relacións e coñecementos, onde anuda o sentido da pertenza, intercambiando ideas, conversas, conexións, que van mostrando a diversidade e a riqueza da nosas comunidades.
23/10/23
Entrega de carnés ao novo alumnado de 4º de Infantil
Hoxe, como cada curso, no día Internacional das Bibliotecas Escolares preparamos con todo o noso cariño, os seus carnés da biblioteca; un momento de ilusión e de conexión con eles no que se pretende que a Biblioteca Castelao comece a facerse un oco nos seus corazóns, e sea quen de encender unha paixón pola lectura que vertebre as súas vidas.