05/12/19

Recreos Residuos Cero


https://teachersforfuturespain.org/que-hacemos/recreos-residuo-cero/
No CPI Virxe da Cela, neste curso 2019/20 estamos participando en Recreos Residuos Cero. Este é un programa que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou polo menos, o mínimo posible. Para iso deberán usar envases retornables como fiambreiras para sólidos e cantimploras para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc. 

04/12/19

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA 25 N

O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela  tomou a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral realizando unha exposición de carteis creados por eles na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta data. A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares, co cal colaboramos en diferentes datas, está exposta en ámbolos dous centros educativos.