21/04/23

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2023 PARA MANUEL NÚÑEZ SINGALA

 Premio dos Clubs de Lectura 2023 para Manuel Núñez Singala

Co gallo da celebración do Día do Libro 2023, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 21 de abril de 2023, pola que se recoñece ao escritor Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no ano precedente, neste caso, durante o curso 2021/2022.



Resolucion Clubs de Lectura 2023 Asinado by veracruces on Scribd

CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

 O Club de Lectura de Primaria e o de Secundaria seguen a dar que falar este curso académico 2022-2023. Se tedes curiosidade por saber como funcionan, que actividades levan a cabo, cales son os próximos proxectos que teñen en mente non dubides en visitar o blog Larpacontos. Anímaste a formar parte do Club??