02/04/24

2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 


Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY (International Board on Books for Young People) ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías etc.

Este ano correspóndelle á sección de Xapón, que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono (baixo o lema “Suca os mares coas ás da túa imaxinación”), ilustrado por Nana Furiya.

Kadono (Tokyo, 1935) é unha destacada escritora xaponesa que en 2018 gañou o Premio Hans Christian Andersen e ata a data publicou máis de 250 libros (entre outros, Nicky, a aprendiz de bruxa, no que baseou Miyazaki unha das súas películas máis coñecidas), e Furiya (Tokyo, 1961) é unha ilustradora xaponesa afincada en Eslovaquia desde 1992 que gañou o Golden Pen na bienal de Belgrado de 1999 e foi seleccionada nos White Ravens 2021.

01/04/24

1 ABRIL 2024: DÍA DAS ARTES GALEGAS. FRANCISCO ASOREY

 








Con motivo da conmemoración do 1 de abril, Día das Artes Galegas 2024, o profesorado destes centros coruñeses elaborou este interesante material para dar a coñecer entre o alumnado de primaria a figura e o legado do autor homenaxeado este ano, o escultor cambadés Francisco Asorey. O traballo inclúe unha unidade didáctica e varias actividades interactivas en formato Genially.