"Biblioteca
escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que
a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo
do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros
educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o
lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as
lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este
"territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é
posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de
acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os
xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou
simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións
e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible
esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as
Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples
actividades programadas anualmente con está temática.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas
para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar
os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de
expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a
literatura, a
escultura, as
artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de AgustínFernández Paz para as Bibliotecas Escolares .
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de AgustínFernández Paz para as Bibliotecas Escolares .