16/10/25
14/10/25
Actividade de Samaín desde a biblioteca
Polo Samaín, e dentro dun programa máis amplo de actividades, a biblioteca encherase de casas encantadas e lecturas! Sabedes que unha das casas encantadas máis coñecidas da literatura está moi cerca do noso Concello? En Doroña (Vilarmaior) Agustín Fernández Paz atopou a inspiración para escribir unha das súas obras máis lidas: "Cartas de inverno". Animádevos a participar e encher de edificios misteriosos de cartón a nosa biblio. Pola tarde, coas familias, de 16:30 a 17:30 aproximadamente, poderedes vir a visitar a exposición e ler a escuras. Traede as vosas lanternas por se acaso, nós temos algunhas pero oxalá non nos cheguen!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)