06/06/24

OBRADOIRO COMO LER O XORNAL?

Aula Ferraganchos. Mércores 5 de xuño de 2024. Campaña de animación á lectura. Alumnado de 2º da ESO da materia Proxecto Competencial imparten un interesante obradoiro de como ler a o xornal ao alumnado de 2º de EP. Unha actividade de animación á lectura e de carácter interxeneracional, onde os alumnos máis maiores exercen o seu papel de transmisores de saberes. Despois da exposición e análise das diferentes seccións do xornal, abriuse un interesante faladoiro sobre hábitos de lectura de prensa da súa familia nos seus fogares, usos didácticos da prensa nas aulas, incluso saíron moitísimas ideas de uso lúdico do xornal para facer xogos manipulativos e manualidades.  Os maiores destacaron a importancia do uso da prensa en algunhas das materias que cursan este ano, e recalcaron que grazas á lectura da prensa e á re-elaboración de novas, apreciaron unha mellora na súa escrita e na súa ortografía.

Destacamos o enorme éxito da sección La Voz de la Escuela entre os nenos e nenas de EP, con tanto colorido, xogos e pasatempos.  Cada un dos alumnos/as de 2º EP levou para a súa casa un xornal de A Voz de Galicia, e tras o éxito da iniciativa, contemplamos a idea de realizar novamente estes obradoiros con certa periodicidade para o vindeiro curso académico.









CONSELLO DA INFANCIA

Mércores 5 xuño 2024