27/04/17

PREGUNTAS DA 1ª SEMANA DO PREGUNTÓN

Ola a todos e todas. Xa estamos de volta co noso xa clásico concurso "O Preguntón". Aquí tedes as preguntas da primeira semana. Como veredes, non son nada difíciles, así que xa sabedes...
 A xogar!!!!

Podedes premer na imaxe para velas en grande

25/04/17

DÍA DO LIBRO 2017

O sábado celebramos o  #Día do Libro en Monfero, na biblioteca do colexio do Xestal, dentro da campaña #LibrosparaSermosLibres da Deputación da Coruña.


O tenente de alcalde Alberto Cortizas participou no reparto de libros .


24/04/17

O Preguntón


Un ano máis voltamos convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de cinco semanas e coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos da ESO.


Bases do Preguntón

PARTICIPANTES

Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando equipos de 2 persoas de calquera curso.
Os participantes deberán inscribirse para concursar na Biblioteca debendo cubrir unha folla cos datos dos compoñentes do grupo e o nome do grupo.

O XOGO

-O xogo desenvolverase dende o venres 28 de abril e durante 3 semanas. Consta de varias preguntas ou probas.
Estarán expostas no taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no blog da Biblioteca Castelao.
-Cada venres publicarase no taboleiro e no blogue as preguntas ou probas, así como a puntuación acadada.
-O prazo para entregar as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes empregar calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os vosos propios recursos.
-As respostas debedes presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no prazo previsto nunha furna habilitada para este concurso. 
-Cada pregunta ou proba ten unha puntuación indicada explícitamente. Os equipos que presentedes a resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
-Cando semana cando remate  o prazo de entrega, publicaremos as respostas no taboleiro do Concurso.

GAÑADORES

-O equipo gañador será o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de empate, o premio será repartido  entre os equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un só equipo gañador.
-Todos os participantes levarán un diploma de participación.

XURADO

-O xurado estará composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado detecta calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a descualificación do  equipo ou equipos implicados.

-A participación no concurso supón a aceptación de todas estas bases.