11/02/22

EXPOSICIÓN MULLERES NA CIENCIA

 A Biblioteca Castelao acolle desde hoxe, venres 11 de febreiro, en conmemoración ao "Día da Muller e a Nena na Ciencia" un espacio expositivo onde podedes atopar fondos bibliográficos sobre mulleres vinculadas ao mundo da ciencia. 






06/02/22

ESPECIAL RADIOFÓNICO: ENTREVISTA CO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

  O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira". 

    Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento,  saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.

      Así, Núñez Feijóo destacou a importancia e a impronta do mundo rural,  destacando que “o rural é unha escola por si mesmo, unha escola de aprendizaxe permanente“ por e para a vida. Ademais destacou que nel se conxugan os valores e a cultura do esforzo e da superación. 

    Tamén deu o seu respaldo á escola rural, ao entender que a mesma esta apegada ao medio, ofrecendo múltiples posibilidades de futuro ao seu alumnado, sendo unha escola pública cercana, emocional e de calidade.