13/01/25

2ª reunión do club de lectura "Mundo de letras"

 Nesta segunda reunión do club de lectura do 3º ciclo de EP imos falar sobre o libro de teatro "As terapias da doutora Ledicia". Todo o traballo arredor desta obra recopilarémolo na seguinte presentación así que visitádea cando queirades porque vai ter actualizacións. 

Abellas na biblio: o valor do medio natural

 

Na biblio contamos cunha chea de referencias para coñecer mellor o noso medio natural. Entre elas hoxe propoñemos as seguintes recomendacións:

Libros sobre abellas de bibliotecacpivirxedacela

Pero tamén, realizamos un par de obradoiros para o alumnado da etapa de infantil e do 1º ciclo da educación primaria. Os mesmo contaron cunha metodoloxía activa-participativa de aprendizaxe por descubrimento que permrá ao alumnado ser axentes directos da súa aprendizaxe e non, simplemente, meros receptores de contidos. Neles, foi o momento de tocar, degustar, ulir e participar activamente das actividades. 

Así, a experiencia tivo a seguinte secuencia:

Introdución. Con dúas actuacións; na primeira escenifícando un conto interactivo, e na segunda cunha pequena introdución á vida das abellas obreiras.

A vida das abellas. Aquí o obxectivo foi coñecer a vida das abellas e dos recursos relacionados con elas: a colmea, a raíña, os abázcaros, as obreiras, o apiario, a reprodución e o enxameamento. Vimos como é unha colmea e o emprego que lle dan as abellas. Aprendemos cales son os seus habitantes, visitamos o apiario mediante unha proxección. Ademais, identificamos os distintos apeiros de apicultura.

Ao tempo, vimos traballar á abella raíña nunha colmea de observación, e repasamos o proceso de enxameado.

Produtos que nos dan as abellas. Aprendemos sobre como recollen o pole as abellas e para que o utilizan. Repasamos todo o procesado do mel, dende que as abellas extraen o néctar das flores ata que o envasamos; utilizando unha proxección e un extractor de mel real realizamos en vivo unha extracción simulada de mel. Ao tempo, revisamos o procesado da cera e, para rematar, crearemos unha candea.

Degustación do pole e o mel.

A importancia das abellas. Co obxectivo específico de amosar o importantes que son as abellas para nós e utilizando os recursos dos que dipoñiamos, fixemos unha gráfica e sinxela exposición sobre a reprodución das plantas con flor, vendo logo a súa relevancia no medio e na nosa alimentación.

Toda unha interesante experiencia!!!!