19/05/23

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Grandes discursos cambiaron o mundo. As palabras son a mellor arma para gañar certas batallas. Neste caso a meta a acadar é unha educación inclusiva, equitativa e de calidade. O lema "TransformAcción en Igualdade" articula a Campaña Mundial pola Educación neste ano 2023. Nun ambiente tan inspirador como é unha biblioteca, rodeados de libros e ideas, tres alumnos de 1º da ESO, acompañados e guiados por Laura Álvarez, redactan o discurso que lanzarán aos representates do Parlamento de Galicia o vindeiro martes 6 de xuño de 2023. Esta actividade está enmarcada dentro da CME (Campaña Mundial pola Educación).



16/05/23

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: LETRAS GALEGAS 2023

    Exposición de Francisco Fernández del Riego, autor homeaxeado nas Letras Galegas 2023, na Biblioteca Castelao. 

    O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos despois do seu falecemento. A data da celebración, o 17 de maio, débese a que tal día como este pero en 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra “Cantares gallegos”, da escritora Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do chamado Rexurdimento, o renacemento cultural en Galicia. O ano 2023 está adicado á ilustre figura de Francisco Fernández del Riego (1913-2010). Naceu en Vilanova de Lourenzá pero pasou a maior parte da súa vida en Vigo. Escritor, político e intelectual xurdido arredor do grupo Nós sempre a favor da cultura galega era fundamentalmente nas súas propias palabras “un vigués máis”.