12/04/20

AUTORRETRATOS CON LIBRO




Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos participar nunha actividade para conmemorar o "Día do Libro", o vindeiro 23 de abril:

Instrucións:

Dirixido a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.

Tema:  A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a  autor/a xunto cun libro. Debido as actuais circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía.
Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.

Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.

As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42

Data: A data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020

Exposición: As fotos presentadas serán subidas ao blog da biblioteca e á páxina web do centro.

Aquí tedes algúns exemplos:


Tamén se buscades en internet "Bookfaces", atoparedes moitas máis ideas.