24/04/14

CONCURSO DE CUBERTAS DE LIBROS


Un ano máis convocamos un concurso de deseño de cubertas de libros. Deixamos aquí as bases para todos os que queirades participar:


2º CONCURSO DE CUBERTAS DE LIBROS, 2.014
O Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa Biblioteca Castelao, organiza o 2º  concurso de portadas para libros.
BASES:
1.       Dirixido a : Todos os alumnos do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual con un máximo de 3 exemplares

2.       Tema:  O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o/a alumno/a teña lido.

3.       Nesta portada ten que constar o título e o nome do autor do libro e ademais a decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos, ilustracións, fotografías, distintas tipos de letra, etc.

4.       O libro pode ser de calquera xénero literario: poesía, novela, conto, teatro, ensaio, tratado… . Tamén se pode optar por castelán, galego, inglés ou francés segundo sexa o idioma no que se leu o libro.

5.       Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar a forma do soporte sempre que quede dentro das dimensións mínimas e máximas sinaladas.

6.       Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc.  Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografadas, etc.

7.       Soporte: En función da técnica os traballos pódense entregar en papel, cartolina, cartón, táboa, lenzo ou como arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador. 

8.       Data e lugar de entrega: A data límite de entrega é ata o luns 12 de maio de 2.014. Os traballos entregaranse na biblioteca ao profesor de garda na mesma.

9.       Premios: Os premios entregaranse na semana das letras galegas (do 8 ao 17 de maio). Outorgaranse varios premios en función da idade e das distintas técnicas. Os traballos participantes serán expostos no centro e tamén no blog da biblioteca.

10.   Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.



23/04/14

Recordando a Gabriel García Márquez

Hoxe, día do libro, recordamos a figura de Gabriel García Márquez. Este escritor colombiano morreu o xoves 17 de Abril a idade de 87 anos en México.
Convirtíuse durante o século 20  en referencia central da literatura latinoamericana e en mestre do periodismo comprometido.
 O escritor naceu en 1927 en Aracataca, un pobo ubicado no norte de Colombia. Esa comarca inspirou a creación do pobo mais recoñecido da literatura latinoamericana: Macondo, onde trascurre a mítica novela Cien años de soledad.
  Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982 e con esto o recoñecemento mundial da súa producción literaria. En diciembre dese ano García Márquez pronunciou un recordado discurso coñecido como “La soledad de América Latina”.
“Poetas y mendigos, músicos y profetas, guerreros y malandrines, todas las criaturas de aquella realidad desaforada hemos tenido que pedirle muy poco a la imaginación, porque el desafío mayor para nosotros ha sido la insuficiencia de los recursos convencionales para hacer creíble nuestra vida. Este es, amigos, el nudo de nuestra soledad”, leu por aqueles días o escritor.

AUDIO:  Un recorrido pola vida de Gabriel García Márquez.

  Especial sobre Gabriel García Márquez e a súa obra literaria do xornal El Mundo.