O día 26 de novembro ás 3:30 horas da tarde tivemos na Biblioteca Castelao a actividade de teatro xaponés "kamsihibai en clave de sol". Kamishibai
quere decir“teatro de papel” e dende hai séculos é unha forma moi popular de
contar contos en Xapón.
Unhas láminas e un teatriño de
madeira, plegable e portable, foi o marco esencial e indispensable que contribuiu
a crear unha atmósfera máxica que fascinou a audiencia, alumnado de Infantil e de 1º,2º,3º e 4º de Educación Primaria, conseguindo un efecto máxico e de concentración arredor da narración do
conto.
26/11/12
25/11/12
CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
Neste ano 2.012 cumpriuse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, un dos nosos grandes poetas, persoa comprometida coa súa terra e co seu tempo e máximo expoñente da poesía social.
Monólogo do vello traballador. Celso Emilio Ferreiro
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra en Obra completa, I (Madrid: Akal editor)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)