O día 26 de novembro ás 3:30 horas da tarde tivemos na Biblioteca Castelao a actividade de teatro xaponés "kamsihibai en clave de sol". Kamishibai
quere decir“teatro de papel” e dende hai séculos é unha forma moi popular de
contar contos en Xapón.Unhas láminas e un teatriño de madeira, plegable e portable, foi o marco esencial e indispensable que contribuiu a crear unha atmósfera máxica que fascinou a audiencia, alumnado de Infantil e de 1º,2º,3º e 4º de Educación Primaria, conseguindo un efecto máxico e de concentración arredor da narración do conto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario