Co gallo da celebración do Día do Libro 2024, publícase a Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se recoñece á escritora Arantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23.
25/04/24
24/04/24
CONTANDO E XOGANDO COS NOSOS AVÓS/AVOAS
No mes de marzo de 2024 os membros do Club de Lectura Larpacontos da ESO propuxeron iniciar un proxecto apadriñamentos lectores co alumnado de 2º de EP, que consiste na realización de lecturas compartidas algúns mércores na hora de lecer de secundaria. Nun dos libros utilizados (Inés e a cadela sabia, de Darío Xohan Cabana, editorial Rodeira) falábase dos xogos de cartas, e de maneira espontánea os pequenos e pequenas referíronse a eses xogos que os conectaban cos saberes dos seus avós/avoas. Iker Sánchez convidou aos avós e avoas da titoría de 2º EP para visitar o centro e así o martes 24 de abril de 2024 puideron compartir cos seus netos/as non so as regras da baralla e os xogos asociados a ela, senón todas esas vivencias que conectaban cun pasado no que estes xogos constituían unha das opcións de ocio e lecer con familiares nos fogares en aqueles tempos de menos abundancia.
23/04/24
23 de abril - DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO
Día Internacional del Libro
¿Una nueva fecha conmemorativa salida del equipo de Márketing de una conocida empresa española de grandes almacenes para vender más libros? ¿De una asociación de libreros?
Nada más allá de la realidad.
El Día del Libro nace hace casi 100 años con la idea de homenajear al autor del Quijote, Miguel de Cervantes, o como él firmaba, Miguel de Cerbantes. Sí, con B.
Si bien al inicio se comenzó celebrando su figura en la fecha de su nacimiento, los bailes de fechas típicos de los doctos investigadores que ponían en duda que fuese el 7 de octubre (esa había sido la fecha original), sumado al mal tiempo de comienzos de octubre, hizo que la fecha se pasara al 23 de abril, pues una coincidencia astral hizo que coincidieran en ese día la muerte del genial Cervantes con la del no menos genial Shakespeare.
Poco importa que otras generaciones de investigadores aun más doctos que los anteriores, dictaminases que la fecha de fallecimiento del español fuese la víspera de este 23 de abril, pues será esta y no otra la que permanecería.
As datas bailan, os libros, no formato que sexa, permanecen. Nas nosas estanterías e nas nosas cabeciñas. Axúdannos a moldearnos como persoas. Axúdannos a ser.
Por iso, na lingua que sexa, en el idioma que sea, le! ¡Lee! Lis ! читай! Read! Leggi!
Cantos máis, mellor. En cantas máis linguas o fagas, aínda mellor.
Serás quen de pensar críticamente, de non ser enganado, de sentir, de rir, de chorar, de ter ganas de ser máis ti, de ter unha voz, de reflexionar e de ter o teu espazo.
Todo para ti.
Todo nun libro.
Por iso, na Biblioteca Castelao unímonos a esta conmemoración unindo o día do Libro e o ano que Bibliotecas Escolares de Galicia adica ao COMIC con traballos da rapazada de 5º de Primaria.
Ah! E os préstamos de libros hoxe tamén serán gratis. ;)
16/04/24
10 XUNTANZA LECTURA FÁCIL
A Asociación Lectura Fácil organiza esta xuntanza, o "10º Encuentro de Lectura Fácil", a celebrar os días 10 e 11 de maio 2024 en Santiago de Compostela.
15/04/24
EMPRÉSTITOS ESPAZO DAS FAMILIAS CONCELLO MONFERO
Olaia González Díaz, Espazo das Familias Concello de Monfero. Empréstito libros a crianzas acompañadas polas familias. Luns 15 abril 2024.
CANTA-CONTOS CON MIGALLAS TEATRO
12/04/24
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "NÓS SOMOS ELAS"
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e as participantes no programa Donas de si, queremos convidarvos a desfrutar da exposición itinerante "Nós somos elas" que cedeunos temporalmente a Deputación da Coruña.
A mostra consta dunha serie de fotografias nas que se recolle a esencia do mundo rural e mariñeiro e póñese en valor a importancia da presencia feminina tantas veces silenciada. As instantáneas, pertencentes ao Arquivo Vidal, acompáñanse das verbas de poetisas contemporáneas para dar máis forza ás imaxes.
Esta mostra estará no centro ata o próximo día 22 de abril e podedes atopala na biblioteca e no corredor da planta baixa do edificio de secundaria.
FALAMOS DA EMIGRACIÓN
11/04/24
LER CON...D: LECTURAS COMPARTIDAS DENTRO DO CENTRO
Xoves 11 abril 2024, coincidindo coa visita dun grupo de docentes do CEIP Pintor Rosales de Madrid para realizar observacións no noso centro dentro do programa Observa-Acción (o noso centro está na III Fase) o alumnado de 2º EP realiza na Aula Ferraganchos unha lectura compartida co alumnado da ESO membro do Club de Lectura, dando continuidade a un proxecto de apadriñamentos lectores iniciado no mes de marzo e que está a ter moito éxito entre os máis pequenos/as.
CHARLA RESERVA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
O xoves 18 de abril de 2024 alumnado de 3º ciclo de EP visitou a Biblioteca Castelao para recibir unha charla sobre a importancia de preservar a riqueza e patrimonio natural da nosa contorna, impartida por unha persoa do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta charla constitúe a primeira das sesións do programa "Para unha transición ecolóxica", desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, e pretende por en valor a importancia dos espazos naturais protexidos, establecendo vínculos afectivos co medio para acadar que os escolares reforcen a visión respectuosa coa contorna e adquiran actitudes e comportamentos cara a súa conservación. Para a vindeira semana temos prevista a segunda sesión, que consistirá nun roteiro guiado polo espazo natural protexido Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
10/04/24
III CONCURSO DE MICRORELATOS
Cara a celebración do día do libro o equipo da Biblioteca e o EDLG lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.
A través
del podedes deixar voar a vosa
imaxinación e trasladarnos a vosa
creatividade.
Poderán
participar o alumnado dende 5º de EP ata 4º de ESO.
Aquí podedes consultar as BASES. ANIMÁDEVOS A CREAR!!!
02/04/24
2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY (International Board on Books for Young People) ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías etc.
Este ano correspóndelle á sección de Xapón, que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono (baixo o lema “Suca os mares coas ás da túa imaxinación”), ilustrado por Nana Furiya.
Kadono (Tokyo, 1935) é unha destacada escritora xaponesa que en 2018 gañou o Premio Hans Christian Andersen e ata a data publicou máis de 250 libros (entre outros, Nicky, a aprendiz de bruxa, no que baseou Miyazaki unha das súas películas máis coñecidas), e Furiya (Tokyo, 1961) é unha ilustradora xaponesa afincada en Eslovaquia desde 1992 que gañou o Golden Pen na bienal de Belgrado de 1999 e foi seleccionada nos White Ravens 2021.
01/04/24
1 ABRIL 2024: DÍA DAS ARTES GALEGAS. FRANCISCO ASOREY
21/03/24
CONSELLO DA INFANCIA NA BIBLIOTECA CASTELAO
Mércores 20 marzo 2025. 13:45 horas. Nerea Allegue e Nuria Fernández, educadoras sociais de Euroeme. 2 alumnos/as representantes de cada curso de educación primaria. Turnos rotativos. Elección de presidente/a e secretario/a. Acta.
O pasado 20 de marzo de 2024 tivo lugar o 5º Consello Escolar da Infancia no que ven participando alumnado, de xeito rotativo, dos distintos cursos de primaria. Neste Consello, puidemos comprobar como parte das propostas que o alumnado foi facendo xa se atopan en marcha, como por exemplo os clubes de lectura e o equipo de voluntariado da biblioteca. Valoramos a marcha dalgunha outra, como a mellora da limpeza dos distintos espazos do cole. E seguimos traballando sobre outras propostas, como ideas para a mellora do catálogo de libros da biblioteca. Ademáis, deixamos colocado un buzón, para que calquera persoa poida deixar ideas, propostas, queixas, que se tratarán e valorarán nos próximos Consellos.
20/03/24
CONTACONTOS INTERXERACIONAIS
Proseguindo coa proposta de apadriñamentos lectores, Elías Espiñeira e Iván Bermúdez (alumnos da ESO e membros do Club de Lectura Larpacontos da ESO) realizan a lectura compartida (Inés e a cadela sabia, de Darío Xohan Cabana, editorial Rodeira) co a alumnado de 2º EP. Aula Ferraganchos, no tempo de lecer de secundaria (de 12:15 a 12:35), mércores 20 de marzo 2024.
18/03/24
SCHOOL TO SCHOOL: INTERCAMBIO EPISTOLAR CUNHA ESCOLA DA INDIA COA FUNDACIÓN VICENTE FERRER
11/03/24
RADIO NA BIBLIO: OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL
O martes 12 de marzo 2024 contamos na Biblioteca Castelao coa visita de Charo Pita, que impartiu en tres quendas unha formación sobre técnicas de narración oral. (5º EP de 10:30 a 11:30 3º EP de 12:00 a 13:00; 4º EP: de 13:00 a 14:00). Os rapaces e rapazas estiveron atentos e participativos, aprendendo trucos e claves para sacarlle o mellor partido á nosa voz e potenciar a nosa oralidade, algo clave á hora de traballar no medio radiofónico. Precisamente dentro do programa Radio na Biblio os máis pequenos/as están a aprender como transformar un relato escrito nunha historia para ser narrada. Encantounos ter a oportunidade de coñecer a Charo Pita nesta súa vertente pedagóxica, ogallá non tardemos moito en descubrila como escritora, actriz e contacontos!!
09/03/24
APADRIÑAMENTOS LECTORES