30/05/12

A MOCHILA VIAXEIRA


       Xa remataron por este ano as viaxes das mochilas da biblioteca. Este curso leváronas os alumnos do primeiro curso de infantil e os de 1º, 2º e 3º de E.P.
      Polos comentarios que os nenos e as súas familias deixaron nos cadernos de actividades vemos que a actividade ten unha boa aceptación. Podedes ler aquí algúns dos comentarios:
-“Gustáronnos moito os libros que nos enviástedes, (…). A opinión dos pais é moi boa xa que é necesario empezar cedo coa lectura”.
- “Paréceme moi ben porque así os nenos acostúmanse a ler”.
-“Interesante e divertida”.
-“Libros moi divertidos, fáciles de ler e que poden atraer ós nenos á lectura. Un gran acerto incluir un libro-disco. Ós nenos encántalles a música”.
      Os nenos ademais completaron as actividades e fixeron moitos debuxos. Ao final desta reseña podedes ver algún deles.
      Dende a biblioteca queremos agradecer ás familias a boa resposta que deron a esta actividade, sacando o tempo para ler co seu/súa fillo/a e axudalo/a co caderno de actividades. Gracias a todos e o ano que ben repetiremos a actividade con novos contos e libros.


28/05/12

Rematou O PREGUNTÓN

Despois de 10 semanas de concurso onde tivéchedes que contestar preguntas de todo tipo e consultar diversas informacións o  I concurso O PREGUNTÓN chegou ao seu fin. Os gañadores son Manuel Santamariña Ruíz de León e Rubén Jove López que formaron o grupo "The Answer Hunters".Como finalistas quedaron os grupos "Duasmar"  formado por Mª Santamariña Ruíz de León e Marta Vidal Martínez e xa en terceira posición e coa mesma puntuación os grupos " Os Respostóns" con Óscar Vidal Couceiro e Antonio González López e "Galera" con Alba Gómez Seijo e Lorena Varela Infante.Noraboa a todos os grupos participantes e ata o vindeiro ano na 2ª edición do Concurso O PREGUNTÓN.