Xa remataron por este ano as viaxes das mochilas da
biblioteca. Este curso leváronas os alumnos do primeiro curso de infantil e os
de 1º, 2º e 3º de E.P.
Polos comentarios que os nenos e as súas familias deixaron
nos cadernos de actividades vemos que a actividade ten unha boa aceptación.
Podedes ler aquí algúns dos comentarios:
-“Gustáronnos moito os
libros que nos enviástedes, (…). A opinión dos pais é moi boa xa que é
necesario empezar cedo coa lectura”.
- “Paréceme moi ben
porque así os nenos acostúmanse a ler”.
-“Interesante e divertida”.
-“Libros moi divertidos,
fáciles de ler e que poden atraer ós nenos á lectura. Un gran acerto incluir un
libro-disco. Ós nenos encántalles a música”.
Os nenos ademais completaron as actividades e fixeron moitos
debuxos. Ao final desta reseña podedes ver algún deles.
Dende a biblioteca queremos agradecer ás familias a boa
resposta que deron a esta actividade, sacando o tempo para ler co seu/súa fillo/a
e axudalo/a co caderno de actividades. Gracias a todos e o ano que ben
repetiremos a actividade con novos contos e libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario