09/02/13

El Quijote Interactivo


“El Quijote  Interactivo” é un proxecto que permite un achegamento innovador á primeira edición de obra cume de Cervantes, conservada nos fondos da Biblioteca Nacional de España. Grazas a esta iniciativa é posible gozar do Quijote coma se tiveses o libro nas túas mans, á vez que se pode acceder a contidos  multimedia que axudan a contextualizar a obra.
Partiuse da dixitalización a moi  alta calidade dos exemplares que conserva a BNE da primeira edición do Quijote: a de Madrid de 1605 e a de Madrid de 1615; ao redor desta  nova dixitalización construíron un portal interactivo ao que se incorporaron mapas, ilustracións, gravados e outros contidos procedentes de 43 edicións distintas do Quijote e doutras  21 obras máis, todas pertencentes á BNE. 

"BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL"



A Biblioteca Digital Mundial, BDM (en inglés World Digital Library, WDL), é unha biblioteca dixital internacional creada pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO. A Biblioteca Digital Mundial foi inaugurada o 21 de abril de 2009 na sede da UNESCO de París. Permite ao internauta orientar a súa procura por épocas, zonas xeográficas, tipo de documento e institución. O sistema propón as explicacións en sete idiomas (árabe, chinés, inglés, francés, ruso, español e portugués). Os documentos, pola súa banda, foron escaneados na súa lingua orixinal. Cun simple clic, pódense pasar as páxinas dun libro, achegar ou afastar os textos e movelos en todos os sentidos. Entre as xoias que contén polo momento a BDM está a Declaración de Independencia de Estados Unidos, así como as Constitucións de numerosos países; un texto xaponés do século XVI considerado a primeira impresión da historia; a Biblia de Gutemberg e unhas pinturas rupestres africanas que datan de 8000 A .C.. Os seus responsables afirman que a BDM está sobre todo destinada a investigadores, mestres e alumnos. Pero a importancia que reviste este sitio vai moito máis alá da incitación ao estudo ás novas xeracións que viven nun mundo audiovisual. Este proxecto tampouco é un simple compendio de historia en liña : é a posibilidade de acceder, íntimamente e sen límite de tempo , ao exemplar invalorable, inabordable, único, que cada cal algunha vez soñou coñecer.