07/10/09

Ola Biblioteca!

Comezadas xa as clases dedicamos a segunda quincena de Setembro ás operacións de mantemento do programa MEIGA: altas, baixas, promocións de curso,carnés de lector do alumnado de Primaria...Xa o curso pasado no terceiro trimestre anticipamos o préstamo de libros en Secundaria a través do carné de lector.Este ano comezaremos tamén o préstamo informatizado en Primaria a través do carné.

O día 1 de Outubro abrimos a Biblioteca con todos os servicios: lectura e consulta, préstamo,animación,lugar de encontro,de exposición de novidades,ler revistas ou facer consultas en Internet.Dende o noso blogue seguiremos a presentar novidades e outras novas da nosa biblioteca.