A Vaquiña polo que vale

"A vaquiña polo que vale" CPI Plurilingüe Virxe da Cela Presentación


"A Vaquiña polo que vale": na Red Española de Desarrollo Rural (REDR)

A Red Española de Desarrollo Rural (REDR) recolle o artigo da periodista Antares Perez do xornal La Opinion sobre o CPI Plurilingüe Virxe da Cela Monfero.



CONGRESO O FUTURO DA EDUCACIÓN

O día 3 de xullo de 2017 estaremos (Virxe DA Cela Monfero) na CNTG, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago, no Congreso O Futuro da Educación.
Amosaremos as iniciativas do centro neste curso escolar:"Mediando con TIC para un proxecto educativo acorde coas necesidades contextuais e sociais"

Conferencias e obradoiros.con Manuel Díaz Regueiro, Xacobo de Toro e Inés Ben.


Reutilizas?

VÍDEOS YOUTUBERS AMBIENTAIS. RECICLANDO NO CPI VIRXE DA CELA.


 

Recollida de tapóns solidarios



Achégase o final de curso e un ano máis é momento de facer reconto de todos os tapóns recadados durante todos estes meses. Como podedes ver nas imaxes, xuntáronse unha pila de caixas, tapón a tapón, gotiña a gotiña, graniño a graniño, é unha pequena axuda converteuse nunha enorme montaña. Esperemos que algún neno ou nena enfermo/a poida sacar partido a este xesto solidario e que esta pila de tapóns axude a sufragar parte dos elevados custos de operacións e outros servizos hospitalarios aos que irán a parar os "Tapóns para unha nova vida".


Técnicos da Consellería de medioambiente amosan ao alumnado de ESO aplicacións de topografía de ordenación do territorio 


  O pasado mércores 14 de xuño Evaristo García Canosa e Marcos Fernández Francos, técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pertencentes ao Instituto de Estudos do Territorio, desenvolveron unha actividade práctica na que amosaron ao alumnado de 1º e 4º de ESO distintas aplicacións topográficas de ordenación do territorio. Así o alumnado puido identificar distintas áreas do seu interese e indagar sobre  aspectos como usos do solo, distribución das parcelas, protección ambiental....


Entre a información subministrada cabe destacar a entrega de varias ortofotos do centro, entre a que podemos salientar unha copia da foto aérea do xestal do ano 1954.


Dita actividade encádrase dentro do  programa Paisaxe e Sustentabilidade desenvolvido conxuntamente pola Consellería de Educación  e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; e que pretende desenvolver a capacidade de comprensión e interpretación das paisaxes e dos territorios próximos nos que habita o alumnado.



Voluntariado miúdo: Móvete! CPI Plurilingüe Virxe da Cela



“Un partido polo planeta”

Dentro do programa Reciclando con Sogama estivemos recibindo moitísimas actividades ao longo do curso unha delas foi o xogo: "Un partido polo planeta".
Esta noticia quedounos pendente por publicar  dende o mes de xaneiro, pero non por iso imos deixar de facelo:

Os nenos de 4º de EP nos contaban alá polo 20 de xaneiro: O outro día estivemos na aula xogando a “Un partido polo planeta”. Con este xogo puidemos demostrar todo o que aprendemos cos monitores que viñeron de Sogama a ensinarnos a reciclar, ademais de divertirnos con todas as probas que nos plantearon: fixemos dramatizacións, adiviñas e incluso tivemos que bailar unha muiñeira… Pasámolo fenomenal!!!




Compostaxe doméstica no colexio

Alá polo mes de xaneiro puxemos en funcionamento a instalación e uso da composteira que nos facilitou Sogama. Co alumnado de 4º de ESO a montamos e a instalamos no patio exterior preto da porta da cociña. Seguindo as instrucións dadas por Sogama puxémola directamente en contacto ca terra e o primeiro que depositamos foron unha polas  que recolleron os nenos do patio, para que permita o acceso de aire e evitar que calle.



Dende a Xefatura de Estudos organizáronse quendas para baleirar os cubos dos puntos de recollida. Ditos puntos foron dous: un no patio cuberto e o outro no comedor. O do patio, co fin de recoller os restos de froita que se consume no tempo de lecer. O do comedor para que o alumnado de secundaria bote alí os restos dos pratos que sexan susceptibles de ir ao compost.

Para que o alumnado soubese distinguir que cousas poden ir ao compost e cales non, fixemos un cartel xigante que situamos no patio cuberto, na parede que da acceso ao comedor, e tamén situamos debaixo del o cubo de recollida.

O cartel fixémolo colectivamente co alumnado de Educación plástica de distintos cursos xa que o foron facendo no tempo libre.


Estas caixiñas están por o noso centro en todas as aulas e espazos: biblioteca, entradas, sala do profesorado...
Non todas son iguais, as das aulas están "personalizadas", pero o máis importante é utlizalas e darlle ao papel un bo uso cunha segunda e ata terceira vida.


Os nenos de infantil acabaron este curso dominando a separación selectiva de lixo

Este ano dende o Proxecto “Reciclando no planeta Xestal” quixemos acadar o obxectivo de que en todas as aulas e espazos do centro se fixera a separación selectiva do lixo. Así se puxeron distintos contedores en todas as aulas. Cada curso ca súa titora ou titor buscou o xeito de solucionalo fomentando a reutilización e o traballo persoal do alumnado así veredes que nalgunhas aulas se colleron caixas de cartón e noutras as papeleiras que xa se tiñan, pero engadindo dúas máis.
O obxectivo era ter contedores para:
- papel e cartón (azul)
- envases (amarelo)
- residuos non reciclables (verde)


Cada aula resolveu de xeito diferente a recollida selectiva

A separación a continuamos ca composteira, situando nun espazo común dous cubos destinados á mesma, e tamén ca recollida de pilas e tóner e cartuchos de tinta na Illa de reciclaxe.
Estas papeleiras das aulas vacíanse nos contedores da illa de reciclaxe.




Xogos reciclados e obradoiro. Garabatos de Xogo


O pasado venres 16 de xuño tivemos a visita de Garabatos de Xogo, unha empresa familiar que asistiu ó CPI Plurilingüe Virxe da Cela cun obradoiro chamado Garabatos Xogando. Dito obradoiro consistía nunha xincana de xogos para experimentar, feitos con materiais reciclados, maioritariamente metais e aluminios.
Nun primeiro lugar, deixouse liberdade os rapaces e rapazas de educación infantil para explorar pola súa conta e posteriormente, dividiuse á etapa en pequenos grupos nos que se foron explicando o funcionamento dos xogos.


GEN10S Party en Madrid

Celebramos a segunda edición da GEN10S Party en Madrid, participando con máis de 100 nenos e ninas, de 5º e 6º de primaria, de 51 centros educativos de toda España.

O NOSO COLE NO PROGRAMA "A REVISTA DA TVG"                
Na Revista Fin de Semana o CPI Plurilingüe Virxe da Cela!!!!
Mil grazas a todo o equipo do programa e a: alumnado, familias e profesorado pola súa implicación e motivación!!!Mil grazas a Yolanda Castro por embarcarnos nas TAC!!!



"A Vaquiña polo que vale": Premios Aprendo Programando

Finalmente o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) entregou os galardóns da segunda convocatoria do seu Concurso de Scratch Aprendo programdo, unha iniciativa dirixida a fomentar nos escolares o interese polo desenvolvemento informático, ou sexa, por construír coas súas propias mans a Sociedade do Coñecemento botando man da ferramenta Scratch.  

O certame tivo como temática, para nesta segunda edición, “convivir en igualdade”  e estivo patrocinado por El Corte Inglés e Alvarellos Editora. A cita foi o sábado 17 de xuño e celebrouse no El Corte Inglés de Santiago. No acto de entrega de recoñecementos participaron algo máis de 70 persoas entre as que se atopaban os rapaces premiados acompañados na súa maioría dos seus pais e profesorado dos centros. 

O acto estivo presidido por Marcos Mata, presidente do CPETIG; Maximino Tuñas, responsable de Sistemas de Información El Corte Inglés Santiago; e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.

Así, o xurado do II Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:

Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto  Farm Adventure do grupo Os5imparables do centro CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA baixo a supervisión de Camino Pereiro González. e o 2º premio no Proxecto As inventoras do grupo gijasaed do centro CEIP SAN MARTIÑO baixo a supervisión de Ángeles Martín Méndez
En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o Proxecto Convivir no Mestre Landin do grupo MLprogramers do centro IES MESTRE LANDIN baixo a supervisión de Héber Jaime García Fernández e o segundo premio foi para o proxecto Proxecto IgualDado do grupo 2ºESO do centro IES CARLOS CASARES baixo a supervisión de Almudena Rouco Vilar

O concurso é unha actividade máis das que ven realizando o CPETIG nos últimos anos de cara a difundir os valores da programación entre os nenos, os seus pais e os seus formadores.
Ferramenta que promove o pensamento creativo
Scratch é unha ferramenta informática que permite aos usuarios programar historias interactivas, xogos e animacións, e compartilas en liña con outros membros da comunidade. Deseñada para nenos de idades entre os 8 e os 16 anos, axuda aos máis novos a aprender a pensar de xeito creativo, razoar sistematicamente, e traballar en colaboración coa comunidade.
Entre os obxectivos do concurso esta “fomentar a aprendizaxe no desenvolvemento de aplicacións informáticas con Scratch; comprender a potencia do seu uso como ferramenta didáctica; favorecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con este software; e desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas”.
Toda a información do concurso está habilitada na web específica do CPETIG, aprendoprogramando.cpetig.org.








En Praza Pública


No nome da Comunidade educativa queremos agradecer a Praza Pública a posta en valor das actuacións do  centro que realizaron no seu  artigo da pasada semana.

Cremos nunha educación pública de calidade, que teña en conta as singularidades do contexto e do alumnado e que ao mesmo tempo atenda as necesidades e problemáticas sociais . Falamos de unha educación "responsable" coa sociedade entendida como un  esforzo  compartido  polo  conxunto da sociedade.

Aquí os medios de comunicación teñen un papel fundamental: dar  visibilidade a  actuacións e transmitir  a importancia dunha cidadanía crítica e responsable, capaz de empoderarse socialmente.

Grazas por ser artífices destes valores!!!!!!!!!


"A Vaquiña polo que vale": GEN10S PARTY

Tres alumnos de primaria do noso cole xunto a súa profe Camino participan na GEN10S Party  que se está a celebrar hoxe 12 de xuño en Madrid.
A GEN10S Party  é un evento no que os equipos participantes mostran e comparten as súas propostas para resolver o reto de Xene1Os. En cada edición, proponse unha temática que convide os equipos participantes a reflexionar sobre a mellora dalgún aspecto da súa contorna social. A organización describirá a temática e engadirá un conxunto de restricións para dar complexidade ao reto.


A temática deste ano 2017  é: A loita contra o traballo infantil e o reto programar unha historia, unha historia interactiva, un videoxogo ou unha aplicación na que se aborde a problemática dos nenos e nenas que son obrigados a traballar (no campo, nunha fábrica, etc.)
A xornada concluirá con talleres de innovación tecnolóxica dirixidos aos nenos e nenas participantes.
Moita sorte aos rapaces do noso cole e a súa profe Camino que están nestes momentos gozando da experiencia en Madrid.

"A Vaquiña polo que vale": o proxecto na prensa http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/14417/centros-de-ensino-que-innovan-ares-e-monfero-dan-exemplo/


"A vaquiña polo que vale": radio leiteira no Virxe da Cela




A ilusión de aprender!!!

"A vaquiña polo que vale": velaí unhas liñas sobre o programa interxeracional e o do leite.
 Ao longo do curso, aula de 4º de primaria do CPI Virxe da Cela pasou a ser, nas sesións do obradoiro de radio, interxeracional. Veciños e veciñas da zona, traballaron conxuntamente co alumnado para sacar adiante dous programas de radio. O primeiro, foi sobre Carlos Casares, o autor homenaxeado nas Letras Galegas e o segundo sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial da zona. Ademais, esta experiencia tivo o engadido de coprodución radiofónica co alumnado de 2º da ESO do Castro Baxoi de Miño. 

O traballo cooperativo foi a base deste proxecto onde maiores e pequenos traballaron en relación de iguais xerando contidos relacionados coas festas, tradicións e lendas. Ademais, tamén houbo tempo de falar dos modos de vida tradicionais, costumes, lembranzas e xogos de antes. 

Por outra banda, o programa é unha achega aos diferentes tipos de patrimonio, poñendo especial interese no patrimonio natural. O marco no que se desenvolveu esta experiencia é un xeito de promover unha educación para o desenvolvemento e amosar como a radio e a educación poden contribuír na creación dunha sociedade para tódalas idades. Esta experiencia forma parte dun proxecto de investigación que quere amosar as potencialidades da radio para xerar aprendizaxes interxeracionais e pode consultarse a través do blogue www.radiointerxeracional.wordpress.com

 Do mesmo xeito, o contacto cos maiores facilitou o traballo do grupo de 5º e 6º de primaria que elaboraron un programa arredor do mundo leiteiro no que se recollen reportaxes sobre a visita que fixeron a unha granxa e unha queixería da zona. O programa tamén inclúe a entrevista a un veterinario e a dúas avoas que se adicaron, no pasado, ao mundo do leite e unha nai que hoxe en día ten unha pequena explotación. 

O proceso de investigación, o contacto coas fontes directas e a recollida de sons e voces permitiron ao alumnado traballar dun xeito cooperativo, valorar aos maiores como fontes de sabiduría, pero tamén como persoas activas e con capacidade de traballo, achegarse ao mundo do leite, moi presente na contorna, e facelo dun xeito creativo e dinámico. Este programa fíxose no marco do proxecto multidisciplinar A vaquiña polo que vale.

 


"A vaquiña polo que vale": xogos serios no Aprendo Programando e GEN10s Party


Un neno con diversidade funcional foi a unha granxa, pero o granxeiro non lle deixaba pasar, entón deberá respostar a unhas preguntas para poder entrar. Ao acertar as preguntas escápase unha vaca e hai que collela. Para facelo tedes que amosar canto coñecedes destes animais, así volveran á escola.

Xogo interactivo onde deberás axudar a un neno a superar unha serie de probas.
Serás quen de facelo?


 Un niño con diversidad funcional llega a la escuela por primara vez, su madre no quería que asistiese porque tenia que ayudar en casa. Dentro de clase todo parecía estar bien bien hasta que entro su madre, que le indico que debía irse, que no tenia las suficientes capacidades para ir ala escuela. El profesor pensaba lo contrario, así propuso que la madre comprobase las verdaderas capacidades de su hijo. Así, el profesor le hizo unas preguntas a el niño. Ayúdale a acertar las preguntas, si aciertas más de cuatro ganas y si no aciertas, tienes la posibilidad de intentarlo de nuevo.






"A vaquiña polo que vale": enquisa dos alumnos e alumnas de 1º e 2º as familias

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixeron varios traballos para o proxecto  A VAQUIÑA POLO QUE VALE. Un deses traballos foron unhas entrevistas sobre O LEITE.
Cunhas sinxelas preguntas relacionaron o pasado e o presente. Primeiro preguntaron sobre a recollida do leite, o seu reparto…..Despois sobre a alimentación das vacas e a súa relación coa calidade, o sabor do leite e algunha cousa máis. Unha vez feitas as entrevistas, expuxéronas na clase.
 As conclusións as que chegaron son:
  • ·         A alimentación das vacas era máis natural antes que agora.
  • ·         Hoxe ademais de herba comen penso e silo, e saen pouco das cortes.
  • ·         Isto inflúe no sabor do leite e pode que na súa calidade.
  • ·         Os campos trátanse con fertilizantes e abonos químico  e estes produtos chegan a nos a través do leite.
  • ·         É moi importante coidar a natureza, o medio ambiente, porque así coidámonos nos.
  • ·         Tamén nos contaron os maiores que antes as familias eran máis numerosas e que había dificultades para a súa alimentación pero leite non faltaba .Hoxe a nós non nos pasa,  hai máis posibilidades e temos una dieta variada e equilibrada.
  • ·         Pero sabemos que isto non ocorre en todo o mundo, hai lugares onde as dificultades para comer cada día son moi grandes.
  • ·         Nós, nenos e nenas de 1º e 2ºpensamos que hai que conseguir que todas as persoas coman o necesario cada día. Aprendemos que hai organizacións que traballan para conseguilo, son as ONG.

                  

"A Vaquiña polo que vale": os maios no Xestal!!!

O día 19 de maio celebráronse os Maios no Xestal.
 Nesta sección o alumnado de 5º e 6º contarannos a súa experiencia nesta xornada.

Organizados en equipos de traballo, uns axudaron a decorar a zona con preciosas plantas de diferentes cores, outros ocupáronse da tremoia e outros tiveron a sorte de ser presentadores deste evento.

            Pícache a curiosidade?. Se é así……..alá vamos!!!


OS PRESENTADORES 2.0

Nós, Adrián, Antía, Eva e Damián fumos os presentadores dos maios 2017.
O que fixemos foi dar o paso aos nosos compañeiros que tiñan que facer as súas actuacións, como bailes, obras de teatro…..
Ao principio dábanos vergoña… cando saímos a presentar todo o mundo nos miraba pero… pasámolo moi ben!!


OS MAIOS

O venres 19 de maio no C.P.I.P. Virxe da Cela, na clase de Música estivemos a facer uns equipos.
 O noso equipo foi o encargado de colaborar na elaboración da alfombra e do maio. Por unha banda Hugo e Rubén R estiveron a decorar o maio. Por outra banda, Nerea e Marta cortaron unha grande cantidade de tuias. Costounos caro, pero mereceu a pena!

 Cerca do noso colexio tamén se celebra a “Feira das Flores” en Vilarmaior, coñecida como “A Feira do Tres”.
Todos os anos convócanse uns concursos de cans e cabalos na que algúns afortunados co mellor can ou cabalo, gañan o 1º, 2º e 3º premios.
 Despois faise unha exhibición de arrastre e doma.

TREMOIA

O venres celebramos os Maios e o día das Letras Galegas.
 Na clase organizamos os equipos para axudar a montar o escenario. E a nós tocounos ocuparnos da “tremoia”.
 Estivemos axudando a Marisol e a Carme. Con Marisol  puxemos os atriles, para que os seus alumnos puidesen ler ben as súas historias


Con Carme, axudamos a facer os disfracese a colocar o escenario no que ían actuar os seus alumnos.


Tamén preparamos a sala para os nenos e nenas tomasen asento. E por último recollimos todo e fúmonos comer, despois dun longo traballo.
O traballo de tremoia foi realizado por: Andrea, Cristina, Rubén F, Cristian e Ariadna.



BO TRABALLO, EQUIPO!


"A Vaquiña polo que vale": tamén lles gusta cociñar

Os nenos e nenas de 5º curso de primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero organizaron para os nenos e nenas de 2º de primaria un concurso cooperativo de Master Chef Junior no que os pratos foron elaborados só con froita.

 O traballo organizativo repartiuse entre o alumnado de 5º representando os papeis de Eva, Samanta, Pepe e Jordi.


Logo fixeron dous equipos: o vermello e o azul. O primeiro día os nenos e nenas de 2º de primaria buscaron no ordenador ou nun libro o prato que elaborarían.
Unha vez escollido o prato tiveron que  debuxar o prato que querían elaborar, e anotar os ingredientes.
          O seguinte día comezou o concurso guiado polos alumnos de 5º de primaria.    

Os alumnos de segundo, tanto o equipo vermello como o equipo azul, elaboraron uns pratos riquísimos, premiados por igual!!

O terceiro día entregáronse os diplomas do concurso Master Chef  Junior 


Os diplomas serán individuais e asinados por: Jordi, Pepe, Samanta, Eva unhas firmas privilexiadas para os nenos.

A día 10 de maio
Jordi (Damián)    Pepe(Adrián)    Samanta(Antía)    Eva (Eva)


"A vaquiña polo que vale": todo un exito o Rastro Solidario

Todo un éxito a IX edición do xa tradicional Rastro Solidario no Virxe da Cela. Coa ilusión de sempre os alumnos /as, profes, pais , nais e persoal non docente visitaron durante todo o día de hoxe o rastro, facendo as compras dos obxectos expostos. Coma nas últimas edicións, a compra foi por medio do troco con alimentos e...non nos podemos queixar xa que recadamos preto de 29 caixas que serán doadas á Cociña Económica de Ferrol. Tamén na nosa caixiña de donativos recadamos a significativa cantidade de 250,20 € que serán para apoiar á poboación afectada pola emerxencia en Perú  debido ao fenómeno climático de El Niño, que deixou ao seu paso 75 falecidos e 100.000 damnificados, e que enviaremos a través da ONG Ayuda en Acción.
Como complemento á xornada de hoxe o alumnado do centro asistiu a diversos obradoiros de Comercio Xusto e consumo responsable impartidos polos membros da ONG Solidariedade Internacional Galicia.
Queremos agradecer a colaboración das nais da ANPA que estiveron toda a mañá axudando a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as compras dos máis pequenos, ao profesorado implicado e por suposto ao alumnado de 4º ESO e 3º ESO xa que sen eles non sería posible a realización de este exitoso  IX Rastro Solidario.

             


" A vaquiña polo que vale": Proxecto dos Masais en Ed. Infantil 



Hoxe  os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...







"A vaquiña polo que vale": xa temos logo!!!

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título é: A Vaquiña polo que Vale.
Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:

CONCURSO DE LOGOTIPOS



DESFILE DE VACAS





"A vaquiña polo que vale": VISITA DE LANCY DODEM, FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Un curso máis recibimos con ledicia a visita de Lancy Dodem ao CPI Virxe da Cela. Veu acompañado, como xa é  habitual, pola nosa entrañable amiga coruñesa Yolanda Ferrer, representante da FVF na cidade herculina. Os nenos e nenas o recoñeceron ao instante, e pouco a pouco fumos comprobando todos os detalles que lembraban da India a raíz de anteriores visitas. De novo prestaron moitísima atención ás explicacións de Lancy e abriron xunto a el o paquete que nos trouxo da India procedente da Konampalli School, coa que levamos a cabo un proxecto de intercambio cultural. Os rapaces de 6º leron ao resto dos nenos e nenas o contido  do libriño que viña no paquete  e visionamos logo un interesante video que Lancy  nos trouxo da India. Despedimos a Lancy cun forte aplauso e convidámolo a visitar de novo a nosa casa para o vindeiro curso académico.









OBRADOIRO DE MEDIOAMBIENTE CON ABEL

Este martes 30 de maio tivemos a visita de Abel que veu dende Entreculturas a darnos un obradoiro de medioambiente.  Como todos sabemos, este ano o lema de Entreculturas é “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, e que mellor que dende a escola para comezar cos nosos pequenos actos a contribuír a tal fin. Así que poñéndonos mans a obra, realizamos un obradoiro para facer papel reciclado, aínda que Abel quedou abraiado xa que os nosos alumnos tiñan máis que sabido como se reciclaba o papel. No noso cole o levamos facendo dende hai ben de tempo xa que é unha das nosas actividades para colaborar no rastro solidario, no que poñemos á venda as láminas de cores de papel  reciclado que os nosos alumnos e alumnas fan na clase de ciencias. Aínda así, aprendemos con Abel outra maneira de secar a pasta de papel, que difería un pouco da nosa técnica. Logo fixemos unhas dinámicas en grupo coas que pasamos un rato ben divertido e como colofón á xornada, un chiculate con galletas. Pasámolo xenial!!!

                                           Grazas a Abel e a Entreculturas  pola xornada de onte.



Evolución da maquinaria agrícola e gandeira

O alumnado de 2º da ESO na área de tecnoloxía e de 3º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale realizaron unha análise da evolución da maquinaria agrícola e gandeira e as súas consecuencias na forma de traballar e na relación entre veciños (cooperación). Ademais reflexionaron sobre as diferenzas existentes entre a súa contorna e lugares que non dispoñen dos mesmos recursos.




A VAQUIÑA POLO QUE VALE. AS NOSAS RECEITAS

O alumnado de 1º e 2º de EP dentro do proxecto A vaquiña polo que vale, coa axuda da súa familia, fixo unha recollida de receitas de cociña que tivera entre os seus ingredientes algún produto lácteo. Aquí podedes ver o resultado.



Análise de publicidade de produtos lácteos 


No pasado mes de maio e dentro do proxecto "A Vaquiña polo que vale" o alumnado de Educación Plástca, Visual e Audiovisual de 4º da ESO, estiveron traballando coa publicidade entorno ao sector lácteo.
Este traballo pretende contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia crítica ante os medios de masas. Así mesmo traballamos detectando os estereotipos de imaxe persoal e social que se manexan nestes medios e que poden chegar a ser moi daniños nestas idades.
Aquí vos presentamos as análises que se fixeron de imaxe fixa:




"A Vaquiña polo que vale": novas dende o Xestal

     O alumnado de 4º EP dentro do proxecto “A vaquiña polo que vale” realizou unha investigación sobre as consecuencias do uso de Transxénicos e Glifosato na natureza e a relación entre os grandes cultivos de palma, soia,… e a deforestación de grandes espazos de selva. Para isto, primeiro fixeron un repaso do proxecto realizado o curso anterior sobre agricultura ecolóxica e desenvolvemento sostible e despois centráronse na busca de información sobre o tema deste proxecto e a preparación do guión do telexornal que podedes ver a continuación.





"A Vaquiña polo que vale": Día da paz 2017






"A vaquiña polo que vale": o alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia co proxecto e a utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe.


Durante dúas horas, de 11.00 a 13.30 horas, un grupo de catorce escolares de 5º e 6º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela xunto coas súas docentes impartiron docencia hoxe  luns 4 de abril, na Facultade de Ciencias da Educación (aula 24 do edificio de Campus Norte). Esta é unha iniciativa que se desenvolve no marco das actividades complementarias da materia ‘Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de 4º curso do grao de Mestre.

Na xornada, as profesoras Camino Pereiro e Lucía Abarrategui xunto co grupo de escolares amosaron como a través de técnicas de traballo cooperativo é posible integrar as TIC como tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento. Concretamente, os nosos alumnos/as de 5º e 6º  son os protagonistas dun proxecto práctico no que empregan as tecnoloxías emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como ferramentas de traballo na aula. Nesta sesión en Ciencias da Educación explicaron o proceso de traballo realizado.
                                                                                         Parabens rapaces!!!!

 Aquí vos deixamos  reportaxe fotográfica da xornada

               
Prensa
La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/monfero/2017/04/04/alumnos-primaria-imparten-clase-facultade-ciencias-da-educacion-usc/0003_201704F4C12993.htm
Xornal USC» Alumnado de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como material didáctico

Presentación Aprendo programando na Facultade de Ciencias da Educación - USC


"A Vaquiña polo que vale": o mundo que queremos

Coa xenerosidade das persoas que están afeitas a traballar pola súa comunidade, o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela puido gozar de Marleni Polo, coordinadora das promotoras de saúde dos bateyes, palabra de orixe caribeño, que significa “lugar ocupado polas vivendas, barracóns,…nas fincas das Antillas dedicadas ao cultivo da cana de azucre”, acompañada de varias persoas da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
Concretamente, Marleni Polo traballa polo desenvolvemento destes bateyes en República Dominicana, e comezou a facelo con só 13 anos de idade!!.
O papel das promotoras de saúde é organizarse entre as mulleres de forma voluntaria que, coa axuda de ONGs galegas, de Asamblea de Cooperación pola Paz, que comezou o seu traballo en Galicia coa execución dun proxecto en República Dominicana, pretenden o acceso sostible a auga potable salubre e ao saneamento básico e a mellora no eido sanitario nos bateyes.
Destacar o papel de Marleni por convertirse nun exemplo positivo para todas as mulleres, dándolles protagonismo no desenvolvemento da súa comunidade e reivindicando os seus dereitos desde unha perspectiva de xénero.

A charla rematou animando ao alumnado a ser consciente do poder que temos cando todos e todas xuntos traballamos en prol da nosa comunidade.





"A Vaquiña polo que vale": III XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO










"A Vaquiña polo que vale": III XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO


"A Vaquiña polo que vale": Entroido

O Entroido invade a nosa escola como unha ráfaga de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. A diversión está garantida, e moito máis nesta ocasión na que a creatividade e o inxenio  inundou a temática deste ano, “A vaquiña polo que vale”, que foi o fío condutor do espectáculo.  
O escenario deu cabida á exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os máis pequenos ata os xa veteranos, que levantaron paixóns entre os pequerrechos co desfile dos personaxes de Bop Esponja. Despois do reparto de premios chegou o momento de degustar un chocolate quentiño acompañado de rosquillas, churros e orellas.


Aquí vos deixamos os vídeos da xornada.  Disfrutade do Entroido!!!!







"A vaquiña polo que vale: Helicicultura e lumbricultura

"O día 15 de marzo, Mª Teresa López Rodríguez, da USC ensinou aos  nosos alumnos e alumnas da ESO outras alternativas de produción que nos ofrece o agro galego: helicicultura e lumbricultura.

Aprendemos entre outras cousas,  que a helicicultura é a cría en cautiverio, con fins comerciais, de caracois terrestres comestibles. E a lumbricultura unha técnica que utiliza a unha especie de miñoca como ferramenta de traballo encargada de reciclar material de orixe orgánico".



"A Vaquiña polo que vale":Seminario Internacional sobre materiais didácticos e EPD no CPI P Virxe da Cela

Dous días intensos de obradoiros, debates e reflexións sobre os materiais didácticos das ONGD e o curriculum e materiais das escolas indíxenas do Brasil, son os que se viviron os días 17 e 18 de febreiro no CPI Virxe da Cela. Xornadas moi proveitosas nas que ademais de afondar sobre os recursos educativos  para o desenvolvemento e a cidadanía global, presentouse o número 58 da Revista Galega de Educación sobre cooperación e desenvolvemento e a revista Monferosolidario: O Espirito dunha Comunidade.


Se premedes nos seguintes enlaces poderedes acceder ao resumo das conclusións dos talleres e obradoiros impartidos nas xornadas.

Obradoiro Imaxes e textos sobre os indíxenas en materiais didácticos do Brasil: unha avaliación, de Giovani José da Silva.
                           https://evaluationre.wordpress.com/resumo-obradoiro-5/

Obradoiro sobre os materiais das ONGs, de Marta Esplugues.



Obradoiro de videoxogos para promover cambios sociais  impartido por Silvia López e Sandra Dorado. 






Obradoiro sobre os materiais didácticos para a escola e a comunidade elaborados dende o contexto local, de Denévola Álvarez.


     Obradoiro O espello roto que fire a un pobo, de Santiago Quiroga e Fernando Martínez

                            https://evaluationre.wordpress.com/resumo-do-obradoiro-5/

Agradecer a Nova Escola Galega e o grupo Cavila ter contado co CPI Virxe da Cela para o desenvolvemento destas xornadas e á dirección do centro pola magnífica organización das mesmas.


            


"A vaquiña polo que vale": presentación ao alumnado

O martes 29 de novembro tiveron lugar dous actos dentro do proxecto de Educación para o desenvolvemento e cidadanía global,que leva a cabo o noso centro xunto a UDC. 
  •   De 15:30 a 15:45 no salón de usos múltiples presentouse ao alumnado de secundaria e 4º,5º e 6º de primaria dito proxecto por parte de membros da UDC 
  •  De 15:45 a 16:30 Reunión co profesorado participante no proxecto para facer a proposta definitiva de actividades e calendario.






I Xornadas de Anpas Galegas no rural

O 19 de novembro a Confederación de Anpas Galegas realizou no Courel a “I Xornada de Anpas Galegas no rural. O ensino, integrador do desenvolvemento”, un encontro que serviu de plataforma para o debate e o intercambio de experiencias e a procura de solucións para os problemas actuais da sociedade no rural galego, alimentando a visión desde a escola e a educación.
Durante a xornada contaron con doce palestras que abarcaron temáticas diversas, unha delas específica de educación. Alí estivemos representados pola directora do centro.


"A Vaquiña polo que vale": UNHA CLASE MOI ESPECIAL NA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE LUGO






Unha clase moi especial na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Alumnado do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) impartirá unha clase ao alumnado de primeiro curso do Grao en Mestre/a de Educación Primaria. Nenos e nenos de 5º e 6º de Primaria, explicará aos futuros mestres/as como se traballa na seu colexio empregando metodoloxías innovadoras que permiten conectar aprendizaxe e realidade a favor dun desenvolvemento sostible do rural galego. 

A experiencia que presentarán concrétase nunha campaña de posta en valor do medio rural galego que aglutina un conxunto de actuacións a prol da identificación, valoración e enfrontamento a situacións problemáticas que o configuran dende unha perspectiva activa e resolutiva que é quen de aglutinar o esforzo comunitario. O nexo de unión é a Asociación Infantil e Xuvenil “Soño rural” creada polo alumnado do centro, sendo a encargada de dinamizar e difundir estas actuacións, tarefa que realizarán na Facultade. Neste curso escolar o proxecto deseñado ten por nome "A vaquiña polo que vale", sendo hoxe o alumnado o encargado de presentalo

Destacar que esta experiencia forma parte dos proxectos “Somos paisaxe, somos vida” e de “Monfero Solidario” que desenvolve o Centro educativo e que conta cun gran recoñecemento institucional, sendo o primeiro premiado en varias ocasións dentro do Plan Proxecta, tanto pola Consellaría de Cultura Educación e Orientación Universitaria como pola Consellaría do Medio Rural e Monfero Solidario galardoado co Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación al Desarrollo. Un proxecto que ademáis contou co respaldo da Dirección Xeral de Voluntariado pola súa capacidade de entender a aprendizaxe como un servizo á comunidade. 

O encontro, impulsado pola profesora de Socioloxía da Educación, Marta Poncet e pola directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, Camino Pereiro (antigua alumna da Facultade), se encadra dentro do espírito de esforzo compartido en prol da calidade do ensino en todas as súas vertentes.


Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo de satelite1

GRUPO DE INVESTIGACIÓN DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario