23/02/16

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "GALICIA, AUGA E LITERATURA"




Convócase o II Concurso de Fotografía "Galicia, Auga e Literatura", patrocinado por Viaqua.
Podedes participar cos vosos alumnos enviando os traballos ata o próximo 10 de maio ao seguinte enderezo:



II Concurso de Fotografía “Galicia, Auga e Literatura”
La Voz de Galicia
Departamento de Marketing
Polígono Industrial de Sabón
Avenida da Prensa, 84 – 85 15143 Arteixo (A Coruña)

O que se busca con este concurso é achegar a literatura galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez que se conciencia sobre os usos e beneficios desta.
E como se consegue isto?. Os alumnos deberán elixir un poema ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon, respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Ourense).

Se tes calquera dúbida, xa podes consultar as bases do concuso que tes acontinuación:



BOOK TRAILERS

Co obxectivo de potenciar a creatividade e a imaxinación do alumnado o Departamento de Lingua Galega, propón a realización de booktrailers. Esta actividade consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual para promover a lectura en galego. Podedes ver na seguinte lista de reprodución os book trailers que fixeron os alumnos/as da ESO neste curso.

 

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2016. PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a  celebrar o  Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:
Educación Secundaria e Bacharelato
Propoñemos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte: “Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”, que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía. Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo.
Educación Infantil e Primaria
A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:                                                 
                                                                  Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
 Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos outras actividades que organicedes (vídeos, muráis, traballos…), así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual...) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.

CONCURSO DE LOGOS

 1º Premio: Nerea Couceiro Gómez de 4º de ESO
Premio especial de Educación Primaria: Xiana Mosquera Varela, de 3º de EP
Premio especial de ESO: Silvia Roca Deibe de 4º de ESO






CHARLA LITERARIA CON FRANCISCO CASTRO

 Hoxe, o escritor Francisco Castro visitou o CPIP Virxe da Cela para un coloquio literario co alumnado de Monfero e Irixoa sobre tres dos seus libros: “O neno can” (do que tamén é coautora Fina Casalderrey), “Chamádeme Simbad” e “O corazón da Branca de Neve”.
    No transcurso da actividade, o escritor vigués desvelou algunhas das claves do proceso de creación literaria e respondeu ás cuestións dos cativos e cativas da ESO sobre estas obras da súa autoría. Tamén tivo ocasión de visionar unhas curtametraxes elaboradas no colexio e inspiradas nos seus relatos. Francisco Castro declarou estar impresionado por esta iniciativa dos alumnos e felicitounos polo traballo desenvolvido a prol da promoción da lectura. 

     Finalmente, foi obsequiado cun pequeno volume editado no centro con composicións literarias e ilustracións feitas polos nenos de Irixoa e Monfero como homenaxe a “O neno can” O coloquio transcorreu nun ambiente de complicidade entre o autor e os seus lectores, dada a empatía xerada por Francisco Castro dende o primeiro momento e o interese que as súas narracións espertaron entre os máis novos.

XORNADAS DE CONVIVENCIA RCES









  Cecilia Vázquez participou no serán de hoxe no encontro que está a ter lugar no colexio compostelán de La Salle. Na Rede de Centros Escolares Solidarios participan este ano un total de 16 centros educativos, que engloban a un total de 1.537 alumnos coordinados por 113 docentes.Todos os alumnos e alumnas participantes neste proxecto reciben un certificado da Dirección Xeral acreditativo da acción voluntaria realizada, que se inscribirá como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. 

     A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no serán de hoxe na xuntanza da Rede Escolar de Centros Solidarios que está a ter lugar no colexio compostelán de La Salle. Unha iniciativa que ten como principal obxectivo promover os valores da solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa -pais, nais, profesorado e alumnado- e favorecer que os escolares se comprometan como voluntarios, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue ao alumnado a realidade do voluntariado. 

   O programa tamén pretende establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que os mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade. Na Rede de Centros Escolares Solidarios participan este ano un total de 16 centros educativos, que engloban a un total de 1.537 alumnos coordinados por 113 docentes. Cada un dos colexios desenvolve con liberdade o seu proxecto solidario ou programa propio de voluntariado, nunha dobre modalidade. Os rapaces poden optar por un proxecto único ou ben por un proxecto realizado en colaboración cunha entidade inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. 

     No primeiro caso, o traballo repercute no mesmo centro ou no seu alumnado, a través dunha serie de accións voluntarias levadas a cabo polos mozos que incidan no coidado das instalacións, deseño de blogs, actividades fóra do centro escolar, elaboración de materiais multimedia, ou no apoio doutros alumnos: nas tarefas escolares, nenos con necesidades específicas, alumnado de novo ingreso. No segundo caso, os mozos e mozas realizan actividades solidarias a favor da entidade de acción voluntaria. As actividades poderán ser moi variadas, e sempre en función da entidade destinataria, como facer unha tómbola para conseguir fondos, organizar unha obra de teatro ou un concerto de panxoliñas no Nadal. 

    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado presta apoio e asesoramento aos centros escolares que se adhiren ao programa, que reciben unha unidade didáctica sobre voluntariado elaborada de xeito especial. Esta coordinación compleméntase con charlas e sesións formativas, ademais de por a disposición dos centros interesados todos os seus recursos e medios técnicos dispoñibles na materia. Todos os alumnos e alumnas participantes neste proxecto reciben un certificado da Dirección Xeral acreditativo da acción voluntaria realizada, que se inscribirá como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. 

     A Rede de Centros Escolares Solidarios forma parte do labor de fomento do voluntariado nos máis novos. Os mozos galegos teñen a posibilidade de desenvolver un itinerario voluntario completo e continuo. Un itinerario que comeza co programa ‘Móvete’ para os primeiros cursos de primaria, o Pasaporte Solidario dirixido a mozos de ata 12 anos, continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

12 DE FEBREIRO: DÍA DOS NENOS SOLDADO






Más de 230 millones de menores viven en zonas afectadas por conflictos armados.Esta situación, unida a contextos de pobreza y vulnerabilidad hace que sean blancos fáciles para ser reclutados como menores soldado. En Entreculturas sabemos que la educación es la mejor herramienta de prevención y de rehabilitación de los niños y niñas que han sido víctimas de estas situaciones. Por eso apoyamos proyectos de educación en países en los que se sigue reclutando menores soldado como Colombia, Sudán del Sur y República Democrática del Congo.