12/07/13

ENTREGA DE DIPLOMAS XUÑO 2013

Clausuramos o curso escolar 2012-2013 coa entrega duns merecidos diplomas para aqueles usuarios destacados na Biblioteca Castelao. Damos as grazas a todos e a todas por facer da biblioteca un espazo para a visita obrigada, xa que os libros albergan historias, viaxes, saberes, curiosidades. Un libro é un compañeiro para os noso tempo de lecer, e mergullarse na lectura é una fabulosa opción para estas vindeiras vacacións de verán. Aquí vos deixamos unhas fotos de Pedro García, encargado de biblioteca, facendo a entrega destes diplomas.