22/03/23

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO: RETRATO CON LIBRO



Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos participar na actividade: "Retrato con libro", pensada para conmemorar o día do libro, 23 de abril.

Dirixida a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.

Modalidade individual:
 A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a  autor/a xunto cun libro, un disco ou un CD. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro... En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.

Modalidade de grupo:
Ca mesma temática ca individual, pero feita por cada grupo de titoría.

Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.
As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42

Data: A data límite de entrega é ata o martes 12 de abril de 2023.

Exposición: Farase unha exposición cas fotos impresas na biblioteca.

Neste enlace podedes ver as que se fixeron o ano 2020:
https://obiblioblog.blogspot.com/2020/04/autorretratos-con-libro.html

Esta mesma mensaxe vaise enviar ás familias para que o alumnado participe facendo a foto en colaboración ca familia. Aínda así pregamos a vosa colaboración para animar ao alumnado a que participe ou se o preferides propoñelo como unha actividade para facer nas vosas áreas. No caso do alumnado de plástica da ESO, fará a foto como unha actividade obrigatoria da materia.