09/02/10

A NOSA BIBLIOTECA NA PRENSA

COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE









XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN:



COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE.


O pasado luns 21 de Decembro de 2009 a Biblioteca Castelao albergou parte das actividades programadas dentro da Xornada de Sensibilización “Comercio Xusto e Consumo Responsable”, a cargo da O.N.G. “A Cova da Terra”, enmarcadas dentro do proxecto "Monferosolidario". Aquí quedan reflexadas as impresións de Bea, a técnico de “A Cova da Terra” encargada de impartir os obradoiros.

“Unha xornada do máis completa na que se combinou a parte práctica e teórica dos dous piares básicos da nosa asociación A Cova da Terra: o Comercio Xusto e o Consumo Responsable.
A parte máis teórica fíxose a través dunha pequena charla na que se intentou introducir os rapaces e rapazas no que é o comercio xusto e cómo funciona, e así complementaron a parte práctica, pois atenderon o mercadiño con produtos de Comercio Xusto durante toda a xornada.
Para os máis cativos tivemos ao longo da maña obradoiros nos que fixemos algunhas das moitas cousas que se poden facer reutilizando materiais: marcos de fotos, paus de choiva e coches. Todo isto con materiais que podemos atopar na casa: cartóns, caixas, tetra-bricks, papeis de regalos, celo, pinturas…
A idea destes obradoiros e de que os rapaces e rapazas vexan as múltiples cousas que poden facer con materiais que teñen na casa e de introducilos nun consumo responsable e crítico. Así tamén me parece moi importante a sensibilización destes temas de cara o consumismo esaxerado, especialmente nestas datas do nadal.
Soamente me queda agradecer a invitación do centro para compartir con vos este día, e animarvos a que sigades traballando en iniciativas tan interesantes como as que estades a levar a cabo. Parabéns polo voso traballo!!”