11/04/24

CHARLA RESERVA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

O xoves 18 de abril de 2024 alumnado de 3º ciclo de EP visitou a Biblioteca Castelao para recibir unha charla sobre a importancia de preservar a riqueza e patrimonio natural da nosa contorna, impartida por unha persoa do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta charla constitúe a primeira das sesións do programa "Para unha transición ecolóxica", desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, e pretende por en valor a importancia dos espazos naturais protexidos, establecendo vínculos afectivos co medio para acadar que os escolares reforcen a visión respectuosa coa contorna e adquiran actitudes e comportamentos cara a súa conservación. Para a vindeira semana temos prevista a segunda sesión, que consistirá nun roteiro guiado polo espazo natural protexido Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario