Un ano máis convocamos un concurso de deseño de cubertas de libros. Deixamos aquí as bases para todos os que queirades participar:
2º CONCURSO DE CUBERTAS
DE LIBROS, 2.014
O
Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa Biblioteca Castelao,
organiza o 2º concurso de portadas para
libros.
BASES:
1.
Dirixido
a : Todos os alumnos do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma
individual con un máximo de 3 exemplares
2.
Tema: O Concurso ten por obxecto a creación dun
deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o/a alumno/a teña lido.
3.
Nesta
portada ten que constar o título e o nome do autor do libro e ademais a
decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos, ilustracións, fotografías,
distintas tipos de letra, etc.
4.
O
libro pode ser de calquera xénero literario: poesía, novela, conto, teatro, ensaio,
tratado… . Tamén se pode optar por castelán, galego, inglés ou francés segundo
sexa o idioma no que se leu o libro.
5.
Formato:
Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar
a forma do soporte sempre que quede dentro das dimensións mínimas e máximas
sinaladas.
6.
Técnica:
Poderase utilizar calquera tipo de técnica: rotuladores, lapis, témperas,
collage, ordenador etc. Tamén se poden
combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un
collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografadas, etc.
7.
Soporte:
En función da técnica os traballos pódense entregar en papel, cartolina,
cartón, táboa, lenzo ou como arquivo informático se é o caso dun traballo feito
por ordenador.
8.
Data
e lugar de entrega: A data límite de entrega é ata o luns 12 de maio de 2.014. Os
traballos entregaranse na biblioteca ao profesor de garda na mesma.
9.
Premios:
Os premios entregaranse na semana das letras galegas (do 8 ao 17 de maio).
Outorgaranse varios premios en función da idade e das distintas técnicas. Os
traballos participantes serán expostos no centro e tamén no blog da biblioteca.
10.
Xurado:
O xurado estará composto por profesores/as deste centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario