Acércase o Día das Letras e desde a AELG achégannos os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro dispoñen na súa web:
Por unha banda, no Espazo didáctico hai dúas unidades didácticas, ambas da autoría do profesor e crítico literario Armando Requeixo, quen recentemente defendeu a súa tese doutoral A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica. A continuación tedes os enlaces se premedes neles.
- Para a E.S.O.
-Para o Bacharelato.
Ademais, no Centro de Documentación da AELG, contamos co seguinte material que vos pode ser de utilidade:
- Un estudo divulgativo, tamén da autoría de Armando Requeixo, que conta cunha breve antoloxía de textos de Xosé María Díaz Castro, coas súas traducións a castelán, inglés, alemán, francés e italiano.
- Unha análise do poema "Penélope", a cargo do escritor Lois Diéguez.
- O artigo de Armando Requeixo "Versos de Ítaca. Presenza de Díaz Castro", publicado no Faro da Cultura, suplemento do Faro de Vigo.
- O discurso de entrada de Manuel María como académico numerario da Real Academa Galega, titulado A Terra Chá: Poesía e Paisaxe.
- O estudo "Novoneyra e Díaz Castro", no monográfico Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (Escrita Contemporánea. Revista da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, núm. E, páxs. 27-32)
- O artigo "Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae" - VI. Unha muller e outros poetas", de Victorino Pérez Prieto.
- Finalmente, vídeos coas lecturas de escritores socios da AELG que escolleron poemas de Xosé María Díaz Castro: (Premede neles parar acceder)
Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Se premedes na imaxe poderedes acceder directamente á páxina da CGENDL que contén o monográfico sobre Xosé María Díaz Castro.
DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN PRIMARIA
DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN SECUNDARIA
OS RAPACES DE GUITIRIZ RECOLLEN OS FROITOS DE DÍAZ CASTRO.
ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO
Son catorce poemas nos que a música fainos
chegar a peculiaridade e a emoción dos seus reveladores versos. As notas
musicais e a voz de Carmen Penim constitúen un achegamento á sutil poética de
Díaz Castro que potencia os valores líricos das composicións escolleitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario