O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela tomou a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral realizando unha exposición de carteis creados por eles na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta data.
A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares, co cal colaboramos en diferentes datas, está exposta en ámbolos dous centros educativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario