18/03/26

EXPOSICIÓN SOBRE A INDIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

O noso centro leva anos traballando no proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer, que consiste nun intercambio cultural e de tradicións cunha escola da India (Konampalli School). Este curso o alumnado de 4º , 5º e 6º EP e tamén o de 1º , 2º , 3º e 4º da ESO estiveron elaborando materiais para este intercambio, abordando o tema dos “Deportes e Xogos” . 

Grazas á participación neste proxecto, o  mércores 18 de marzo de 2026 o noso centro contou coa visita de Shoma Subaya, unha muller procedente de Anantapur (India), que actuará como embaixadora da Fundación Vicente Ferrer. Co apoio da fundación, Shoma puido estudar Económicas e Ciencia Política, aprender español e desenvolver unha visión internacional a través do contacto con persoas de España e doutros países que visitaban o proxecto. A súa historia é un testemuño inspirador sobre educación, liderado con valores, igualdade de oportunidades e o impacto que pode ter o compromiso social na transformación de comunidades enteiras. 


Aproveitando a visita de Shoma Subaya temos á disposición do profesorado e o alumnado diferentes materiais que poden axudar a afondar na cultura da India e países da zona, así como nos proxectos que a Fundación Vicente Ferrer está a desenvolver no sur da India (Anantapur). 

1. - EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR sobre a cultura da India e países cercanos. 

2. - EXPOSICIÓN MATERIAIS DO INTERCAMBIO CULTURAL COA KONAMPALLI SCHOOL. Ao lado da aula de UUMM estatán expostos dossieres e traballos enviados polos nenos e nenas da Konampalli School en anos anteriores. No televisor que hai ao lado da biblioteca facilitarase o visionado de materiais en formato audiovisual.




09/03/26

Desa-fíos

O alumnado de 3º de EP acudirá esta fin de semana á Feira Matemática de Agapema co seu traballo sobre pensamento computacional e costura chamado: Desa-fíos. Aquí tedes a xutificación teórica das actividades que levan, o programa da feira e onde imos estar localizados por se queredes pasarvos por alí a facernos unha visita.




 





08/03/26

Alguén tivo que tirar do fío...

Esta actividade levarémola a cabo o martes 10 de marzo co alumnado de 5º e 6º de EP. Nela reflexionaremos sobre os cánons de beleza feminina, as esixencias sociais e as pioneiras que nos abriron camiño nun mundo onde o corpo da muller é un obxecto máis.
Alguén tivo que tirar do fío... 8M de bibliotecacpivirxedacela

05/03/26

8M

 




8M: TECENDO IGUALDADE CON "FÍOS" DE MULLERES VALENTES

Para conmemorar 8 de marzo, no noso cole, decidimos que as palabras non eran abondo e puxémonos mans á obra para visibilizar a aquelas mulleres que, ao longo da historia, axudaron a construír o mundo que hoxe coñecemos.

Baixo o marco do noso PDI "Tirando do fío", o alumnado converteuse en investigador para dar vida a un mural colectivo que enche de cor e sabedoría os nosos corredores.

🧵 Un proxecto con fío propio

A actividade consistiu en que cada grupo-clase elixise unha muller ou un colectivo de mulleres cuxo legado fose transformador. Para que o mural tivese unha estética compartida, todos traballamos sobre unha ficha-modelo onde recollemos o máis esencial:

  • O Nome: Identificando a protagonistas de tódalas épocas e ámbitos.
  • O seu "fío" principal: Ese gran logro ou achega á sociedade que define a súa traxectoria.
  • A súa historia: Un breve percorrido pola súa vida, loitas e legado.
  • A súa imaxe: Retratos e ilustracións que poñen cara a estas referentes.

📚 Unha biblioteca para seguir descubrindo

Pero a homenaxe non quedou só nas paredes. Para acompañar o mural, organizamos unha exposición de libros vinculados co Día Internacional da Muller. Desde biografías de mulleres pioneiras ata contos que rompen estereotipos, esta selección está á disposición de todo o alumnado para seguir "tirando do fío" da lectura e da igualdade.

"A educación é o camiño para que as nenas de hoxe sexan as mulleres libres de mañá."


Grazas a todos os alumnos e alumnas polo voso esforzo na investigación e por axudarnos a tecer esta rede de referentes femininas!


03/03/26

O noso Entroido: A moda e o ritmo das diferentes épocas.

Seguimos "Tirando do fío"! Aquí vos deixamos as actuacións do Entroido dos diferentes cursos e o traballo de busca de información feito polas desde as aulas que nos serviu para facer as presentacións. Grazas familias polo traballo nos obradoiros e por compartir con nós estes momentos! 


02/03/26

Cartelería para coidar a nosa roupa

Aos nenos e nenas de EP plantexóuselles cando volvemos das vacacións de Nadal uns propósitos de ano novo. Pensaron que "problemas" había no noso cole é como podían axudar a resolvelos. Unha destas boas intencións foi a de axudar a que non se tirara e se perdera tanta roupa. A súa idea foi facer carteis para informar. Tivemos a sorte de contar cunha experta en artes gráficas da familia dunha das nenas da clase. Despois da visita de Nuria Pico de Miúdo Estudio e de analizar a tipoloxía textual dos carteis, puxémonos mans á obra.  Aquí está o resultado e os lemas que crearon. Esta actividade está encadrada no seu proxecto de investigación: De donde vén a nosa roupa? para o PDI "Tirando do fío". 





 

Celebración do día de Rosalía

Durante este día a alumna de 2º da ESO, Lola, deleitounos cunha cantiga ben bonita elaborada con IA. Durante toda a mañá e nos recreos o alumnado puido ir escoitala.  Ademais da tradicional exposición de libros pola tarde abrimos a porta ás familias de 16:30 a 17.30 para que poideran gozar da canción e realizar susurradores de poesía usando a técnica do collage coas nosas revistas de expurgo. Aquí tedes algúns destes momentos.

 












Visita á empresa de reciclaxe téxtil Insertega

O alumnado de 3º de EP visitou a empresa de reciclaxe téxtil Insertega no polígono de Sabón no marco do seu tema de investigación: De onde vén a nosa roupa? Esta actividade está vinculada ao PDI do noso centro "Tirando do fío"



Visita 3º EP Insertega de bibliotecacpivirxedacela

Recolocando as coleccións

 Estamos recolocando, facendo listaxe e coñecendo todas as coleccións de libros coas que contamos. Así quedaron (de momento) as de EP. 









01/03/26

Enquisas do futuro Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información do noso centro

   Preme nos seguintes enlaces segundo sexas alumno/a, profesor/a ou familia para realizar os cuestionarios que nos darán a información para elaborar o plan do centro sobre lectura, escritura e acceso á información. É moi importante cubrilos xa que a partir das conclusións que saquemos tomaranse decisións e aplicaranse medidas específicas para fortalecer os puntos débiles. So che levará uns minutos e axúdanos moito coas túas respostas! 


ENQUISA PARA O ALUMNADO

ENQUISA PARA O PROFESORADO

ENQUISA PARA AS FAMILIAS

27/02/26

Aprendendo a usar as máquinas de coser

Hoxe o profesorado que forma parte do PFPP de Polos Creativos estivo aprendendo a usar as máquinas de coser das que dispoñemos para poder darlle forma á actividade "Tirando do fío do camiño" e a outras que veremos proximamente. 




19/02/26

Día de Rosalía

O luns 23 de febreiro de 2026, desde a biblioteca do CPI Plurilingüe Virxe da Cela quixemos poñer en valor a obra e o legado da autora Rosalía de Castro, unha galega universal. Durante toda a xornada escolar realizáronse diferentes quendas de alumnado para dar a coñecer a figura de Rosalía a través de actuacións musicais, exposicións e contacontos. Xa rematadas as aulas, algúns pais e nais, de manera voluntaria, traballaron cos seus fillos e fillas na elaboración de susurradores para recitar as poesía de Rosalía. 





 Tecín soia a miña tea, 
sembrei soia o meu nabal, 
soia vou por leña ó monte, 
soia a vexo arder no lar.
Día de Rosalía 2026 de bibliotecacpivirxedacela

 

18/02/26

Tirando do fío

 Nesta presentación iremos engandindo as actividades realizadas no seo do Proxecto Documental Integrado do centro para este curso 25/26. Seguimos "Tirando do fío"!

PDI "TIRANDO DO FÍO". CURSO 25/26 de bibliotecacpivirxedacela

31/01/26

Escape Room Día da Paz

 Mércores 28 e venres 30 xaneiro 2026. Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO nas materias de Relixión e Proxecto Competencial.










23/01/26

Obradoiro de la cos maiores do Centro de Día do Xestal

Obradoiro de costura cos maiores do Centro de Día de bibliotecacpivirxedacela

Voluntariado na Biblioteca

Nos tempos de lecer alumnado voluntario da ESO está a realizar tarefas de grande axuda para a biblioteca escolar, baixo a supervisión do profesorado. Colocar libros nos andeis, axudar na montaxe de exposicións, e mesmo labores de xestión nformatizada da biblioteca escolar co programa KOHA, son algunhas das responsabilidades destes mozos e mozas, e ademais da súa aprendizaxe e a adquisición de competencias (competencia dixital, competencia cidadá, conciencia e expresión cultural, entre outras), verán recompensada as súa dedicación obtendo un diploma a final de curso. O programa Bibliotecas Escolares Solidarias en Galicia emite un diploma acreditativo para alumnado, recoñecendo entre 15 e 30 horas de voluntariado, útil para créditos ou concursos-oposición. Esta iniciativa, integrada no Plan LEA, fomenta a colaboración en bibliotecas escolares.