05/05/11

Dúas peliculas do gran Charles Chaplin

Acaban de chegar á biblioteca dúas xoias cinematográficas deste gran realizador.Dúas das mellores comedias xamais realizadas.En "El Gran Dictador" Chaplin retrata coa súa orixinal ironía a ascensión ao poder do réxime fascista, interpretando un doble papel como o dictador Hynkel e un humilde barbero xudeo que non sabe que outra persoa fisicamente igual convertiuse en dictador do país.
En "Tiempos modernos" Charlie Chaplin enfréntase á cadea de montaxe dunha fábrica.
Coa revolución industrial un obreiro perde o seu traballo ao non poder adaptarse ao proceso automático de producción.... ¡¡ O home contra as máquinas !!

04/05/11

Novidades DVD

Estas son as novidades en DVD que acaban de chegar a nosa Biblioteca.Nesta presentación as podedes ver:


29/04/11

A gañadora do premio Cervantes 2010


Fai uns días entregouse o Premio Cervantes 2010 que recibiu a escritora Ana Mª Matute.É a terceira muller en gañalo.No seu discurso fai unha bella defensa da invención como valor supremo na vida. O realismo social e os mundos infantís e máxicos están reflexados na súa obra.
O seu discurso completo o podes ler no seguinte enlace.
Se pinchas na súa imaxe accederas a un especial sobre a súa vida e a súa obra.

28/04/11

Un neno e un peixe nunha biblioteca




É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio
dun bosque, calquera cousa pode acontecer.
Neste maravilloso libro con tonalidades ocres a base de tintas e pluma e pinceladas vermellas que centran a atención da historia está presente a difusa fronteira entre a realidade e a ficción.As súas ilustracións case non necesitan palabras, e precisamente no momento máis emocionante da aventura o relato plásmase só con imaxes.
“O peixe vermello” presenta a biblioteca como o templo do saber, un espazo acolledor aberto á imaxinación e á ensoñación.
Este é o primeiro dos seis libros que publicou a ilustradora coreano-americana Taeeun Yoo que desenvolve maxistralmente neste libro o efecto de facer caer o protagonista -e con el o lector- dentro do propio libro.

14/04/11

Xogando a ler






Fai unhas semanas empezouse esta actividade co alumnado de Educación Infantil.Todos os xoves coa súa mes
tra escollen un libro da biblioteca para levar a casa.Os libros comezan a camiñar das mans das nenas e dos nenos para ver mundo e encherse de vida a traves de esas bonitas "bolsas de biblioteca", bolsas dos "libros que van e veñen", que facilitan esa viaxe.Nesta actividade faise partícipe ás familias da experiencia da lectura e o contacto cos textos.

13/04/11

El paso del tiempo

La casa, un álbum con ilustraciones de Roberto Innocenti y texto de J. Patrick Lewis, presenta las vicisitudes que sufre una vieja casa de campo, construida en 1656, a lo largo del siglo XX. Al comenzar el siglo la vemos medio derruida, como un lugar de juegos para los niños y al final la vemos completamente transformada. Entre medias, la casa sufre distintas modificaciones y, a su alrededor, ocurren muchas cosas.
La historia se cuenta, sobre todo, por medio de quince dobles páginas con una gran ilustración que muestra la casa y su entorno siempre desde la misma perspectiva. En ellas se pueden ir viendo los cambios que sufre tanto su aspecto externo como la distinta gente que la ocupa o que juega o trabaja en los alrededores. Además, en las dobles páginas que van entre cada una de las ilustraciones grandes, hay una o dos ilustraciones pequeñas en la izquierda y un texto corto en la derecha.

08/04/11

El libro de la felicidad

Se pensamos en positivo podemos alcanzar todos os obxectivos que nos propoñamos.Neste libro temos 59 consellos para ser felices.Todo é cuestión de poñelos en práctica.

06/04/11

2 de Abril :día do libro Infantil e Xuvenil



Hai uns días celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.Desde 1967 celébrase todos os anos o devandito día. A data elixida é o 2 de abril xa que nela conmemórase o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O evento está organizado polo IBBY (International Board on Books for Young People). Esta Organización encarga cada ano a un país diferente o deseño do cartel anunciador e da mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo. Para 2011, a sección de Estonia difunde o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe da escritora Aino Pervik.

Desde este blog queremos unirnos á celebración compartindo con todos vós o cartel e o texto.