28/04/11

Un neno e un peixe nunha biblioteca




É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio
dun bosque, calquera cousa pode acontecer.
Neste maravilloso libro con tonalidades ocres a base de tintas e pluma e pinceladas vermellas que centran a atención da historia está presente a difusa fronteira entre a realidade e a ficción.As súas ilustracións case non necesitan palabras, e precisamente no momento máis emocionante da aventura o relato plásmase só con imaxes.
O peixe vermello” presenta a biblioteca como o templo do saber, un espazo acolledor aberto á imaxinación e á ensoñación.
Este é o primeiro dos seis libros que publicou a ilustradora coreano-americana Taeeun Yoo que desenvolve maxistralmente neste libro o efecto de facer caer o protagonista -e con el o lector- dentro do propio libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario