27/04/10

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO







Para conmemorar esta data tan especial, a nosa biblioteca albergará unha exposición de marcapáxinas solidarios elaborados polo alumnado do centro. Esta iniciativa está englobada dentro do proxecto Monferosolidario, seguindo a proposta da O.N.G. Save the Children. A través desta actividade non só pretendemos fomentar a lectura, senón tamén sensibilizar ao noso alumnado da importancia da educación, e de contribuir á mellora do acceso á educación de outros moitos nenos e nenas no mundo.


23/03/10

INTERCAMBIO EPISTOLAR. PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL.








Podedes visitar na nosa Biblioteca Escolar os traballos realizados polo noso alumnado, enmarcados dentro do Proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. Neste segundo trimestre os alumnos e alumnas do noso centro elaboraron unhas bonitas presentacións con fotografías e textos en inglés, que nas próximas semanas serán enviadas á escola Konampalli (Anantapur, a India). No terceiro trimestre recibiremos as contestacións dos nenos e nenas na India.



12/03/10

OUFF ESCOLA. Material audiovisual



Xa tedes á vosa disposición na biblioteca escolar do DVD OUFFESCOLA 2009, que contén os cortos gañadores deste concurso dirixido a escolares, enmarcado dentro do Festival de Cine de Ourense. Animámosvos a disfrutar da creatividade dos nosos escolares galegos, así como a participar na II Edición do Certame (podedes consultar as bases no blogue do ENDL, Xesteira)

09/03/10

RELATOS SOBRE A DISCAPACIDADE
















Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Tamén unha experiencia vale máis que mil palabras. Para comprender realmente algo, para afacerse á idea, o mellor e vivilo.
Iso é o que fixeron os/as nosos/as alumnos/as atrevéndose a vivir a discapacidade durante un anaco. Puxéronse na pel dos protagonistas de cinco interesantes relatos.
A ONCE, a través da súa campaña "Superamos barreras cada día" anima aos escolares a traballar coa súa imaxinación e creatividade, deseñando as portadas para una serie de relatos que versan sobre a vida de persoas con discapacidade. Aquí tedes a mostra dos nosos traballos e da exposición que fixemos na Biblioteca Escolar.

09/02/10

A NOSA BIBLIOTECA NA PRENSA

COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE









XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN:



COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE.


O pasado luns 21 de Decembro de 2009 a Biblioteca Castelao albergou parte das actividades programadas dentro da Xornada de Sensibilización “Comercio Xusto e Consumo Responsable”, a cargo da O.N.G. “A Cova da Terra”, enmarcadas dentro do proxecto "Monferosolidario". Aquí quedan reflexadas as impresións de Bea, a técnico de “A Cova da Terra” encargada de impartir os obradoiros.

“Unha xornada do máis completa na que se combinou a parte práctica e teórica dos dous piares básicos da nosa asociación A Cova da Terra: o Comercio Xusto e o Consumo Responsable.
A parte máis teórica fíxose a través dunha pequena charla na que se intentou introducir os rapaces e rapazas no que é o comercio xusto e cómo funciona, e así complementaron a parte práctica, pois atenderon o mercadiño con produtos de Comercio Xusto durante toda a xornada.
Para os máis cativos tivemos ao longo da maña obradoiros nos que fixemos algunhas das moitas cousas que se poden facer reutilizando materiais: marcos de fotos, paus de choiva e coches. Todo isto con materiais que podemos atopar na casa: cartóns, caixas, tetra-bricks, papeis de regalos, celo, pinturas…
A idea destes obradoiros e de que os rapaces e rapazas vexan as múltiples cousas que poden facer con materiais que teñen na casa e de introducilos nun consumo responsable e crítico. Así tamén me parece moi importante a sensibilización destes temas de cara o consumismo esaxerado, especialmente nestas datas do nadal.
Soamente me queda agradecer a invitación do centro para compartir con vos este día, e animarvos a que sigades traballando en iniciativas tan interesantes como as que estades a levar a cabo. Parabéns polo voso traballo!!”

04/02/10

PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL

O Xoves 4 de Febreiro visitou a Biblioteca Escolar o fotógrafo do Diario de Ferrol, para documentar fotográficamente a reportaxe monográfica que publicará este xornal a próxima fin de semana sobre o Proxecto Monferosolidario.

Nestes momentos a Bibliteca Castelao alberga unha fermosa exposición sobre a India, ofertando libros e material audiovisual sobre este país, e amosando variados obxectos, vestimentas, ornamentos, etc, sobre a súa cultura. Esta actividade está encadrada dentro do Proxecto School to School que o noso centro está a realizar no presente curso académico, a través da Fundación Vicente Ferrer, a raíz do galardón que recibiu o pasado ano o noso centro no I Premio de Educación para el Desarrollo “Vicente Ferrer”. Temos así a oportunidade de traballar conxuntamente cunha escola en Anantapur, a India, e a través desta colaboración coñecer un pouco máis da India rural, e de igual xeito, achegar a realidade da nosa escola, ubicada no rural galego. Ao longo do curso estanse a realizar diferentes actividades:

-Charla de sensibilización con proxección de diapositivas en todos os ciclos e niveis educativos impartidos no noso centro.
-Obradoiros de mandalas.
-Obradoiros de danzas da India.
-Menú degustación de xantares típicos da India.
-Elaboración de fotografías e textos explicativos relacionados co noso centro e co noso entorno no rural galego.


Mostramos a continuación diferentes arquivos documentando todo o proceso.











BEN FALADO




O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro acaba de recibir o DVD Ben Falado!, dirixido por Xesús Ferro Ruibal e emitido na Televisión de Galicia (antoloxía dos capítulos emitidos 21-7-2008 ao 6-7-2009). Estará á disposición da comunidade educativa na Biblioteca Escolar.

Ben falado! foi un microespazo creado e dirixido por Xesús Ferro Ruibal e realizado pola productora Pórtico para a Secretaría xeral de Política Lingüística. Emitiuse de luns a venres en horario de máxima audiencia a través de tódalas canles da TVG entre xullo 2008 e xullo 2009. Dos 250 capituliños os 50 primeiros tiveron unha duración de cinco minutos e os 200 restantes duraron tres minutos aproximadamente.

Ben falado! quixo ofrecer unha visión nova da lingua galega que se caracteriza por ofrecer sempre unha pinga de luz e outra pinga de mel. E moitos brevísimos textos levan a sinatura de expertos nesa especialidade lingüística.