04/02/10

PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL

O Xoves 4 de Febreiro visitou a Biblioteca Escolar o fotógrafo do Diario de Ferrol, para documentar fotográficamente a reportaxe monográfica que publicará este xornal a próxima fin de semana sobre o Proxecto Monferosolidario.

Nestes momentos a Bibliteca Castelao alberga unha fermosa exposición sobre a India, ofertando libros e material audiovisual sobre este país, e amosando variados obxectos, vestimentas, ornamentos, etc, sobre a súa cultura. Esta actividade está encadrada dentro do Proxecto School to School que o noso centro está a realizar no presente curso académico, a través da Fundación Vicente Ferrer, a raíz do galardón que recibiu o pasado ano o noso centro no I Premio de Educación para el Desarrollo “Vicente Ferrer”. Temos así a oportunidade de traballar conxuntamente cunha escola en Anantapur, a India, e a través desta colaboración coñecer un pouco máis da India rural, e de igual xeito, achegar a realidade da nosa escola, ubicada no rural galego. Ao longo do curso estanse a realizar diferentes actividades:

-Charla de sensibilización con proxección de diapositivas en todos os ciclos e niveis educativos impartidos no noso centro.
-Obradoiros de mandalas.
-Obradoiros de danzas da India.
-Menú degustación de xantares típicos da India.
-Elaboración de fotografías e textos explicativos relacionados co noso centro e co noso entorno no rural galego.


Mostramos a continuación diferentes arquivos documentando todo o proceso.











Ningún comentario:

Publicar un comentario