19/04/17

CHARLA DE XURXO MARIÑO

O deserto do Kalahari; os San e a súa complexa linguaxe (chamados bosquimáns polos europeos); o deserto de Atacama en Chile; o volcán Kilauea en Hawai; tartarugas, lobos mariños e iguanas das Illas Galápagos; a contraste entre o río Amazonas e o río Negro; raposos voadores; rúas de Hanoi invadidas polas motos…”Ciencias, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”, título que da nome á charla impartida por Xurxo Mariño para todo o alumnado da ESO e que nos fio viaxeiros por un anaco gracias ao entusiasmo do seu relato e ao saber acumulado despois de once meses de percorrido arredor do mundo.




28/03/17

A VAQUIÑA POLO QUE VALE

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título é: A Vaquiña polo que Vale.
Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:

CONCURSO DE LOGOTIPOS



DESFILE DE VACAS








16/03/17

O Virxe da Cela, único colexio galego seleccionado para un programa de impresión en 3D

Quen pense que só os colexios urbanos garanten unha educación óptima en novas tecnoloxías deberían darse unha volta polo colexio rural Virxe dá Cela. Este pequeno centro escolar que agrupa ao alumnado de Irixoa e Monfero é un exemplo de como educar á última ás novas xeracións e contribuír ao tempo para fixar poboación nunhas aldeas moi castigadas polo envellecemento da poboación e o éxodo das últimas décadas.
O centro recibiu varios premios polo traballo en programación e robótica dos seus alumnos e desde hai uns días dispón dunha impresora 3D grazas a Ayuda en Acción e a empresa Ricoh. É o único colexio en Galicia que foi seleccionado para participar no programa de apoio á infancia Aquí tamén, que ten por reto "romper a fenda dixital" e garantir a igualdade de oportunidades no rural, como resume a coordinadora da ONG Beatriz Varela.
Ayuda en Acción seleccionou once centros en toda España para levar a impresión 3D ás aulas en colaboración con Ricoh, cuxos traballadores realizan donativos desde hai anos para facilitar material punteiro ás escolas que non teñen acceso ás mesmas oportunidades que os urbanos. "O centro meréceo, leva a cabo moitas iniciativas", incidían onte desde Ayuda en Acción. Esta ONG e Google colaboraron xa co Virxe dá Cela a través do programa Xenios, que lle valeu aos alumnos e ao seu profesor de Scratch o primeiro premio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia polo seu traballo de programación en torno ao camiño de Santiago.

A implicación do profesorado deste centro foi clave para involucrar aos pequenos de Virxe dá Cela en diversos proxectos de innovación tecnolóxica. A directora, Camiño Pereiro, agradecía onte a colaboración de Ayuda en Acción e Ricoh e celebraba o "enorme privilexio" que supón dispoñer dunha impresora 3D para desenvolver a competencia dixital do alumnado. "Como non se crean capaces agora de facer de todo cárgomos", bromeaba onte a directora dun colexio que combate desde hai anos a caída do alumnado co deseño de actividades que dean un "valor engadido" ao centro e contribúan a manter vivo o rural. Un esforzo que asumen tamén os pequenos, que formaron unha asociación en defensa das súas aldeas.

07/03/17

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. HOMENAXE ÁS MULLERES NO CPI VIRXE DA CELA

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, sobre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos avances realizados cara ao logro da igualdade de xénero. Aínda que se fixeron moitos progresos, estamos moi lonxe de alcanzar a igualdade de xénero no mundo enteiro. Non hai un só país no planeta onde as mulleres consigan a plena igualdade e o pleno goce dos seus dereitos. É por iso que temos que asegurarnos de que participen plenamente e gocen desa igualdade en todos os ámbitos da vida. 
Desde o noso cole quixemos facer unha homenaxe a todas as mulleres e darlles as grazas por.... Mellor que o vexades no vídeo, as palabras escritas quédanse curtas.


          

03/03/17

Seminario Internacional sobre materiais didácticos no CPI Virxe da Cela.

Dous días intensos de obradoiros, debates e reflexións sobre os materiais didácticos das ONGD e o curriculum e materiais das escolas indíxenas do Brasil, son os que se viviron os días 17 e 18 de febreiro no CPI Virxe da Cela. Xornadas moi proveitosas nas que ademais de afondar sobre os recursos educativos  para o desenvolvemento e a cidadanía global, presentouse o número 58 da Revista Galega de Educación sobre cooperación e desenvolvemento e a revista Monferosolidario: O Espirito dunha Comunidade.


Se premedes nos seguintes enlaces poderedes acceder ao resumo das conclusións dos talleres e obradoiros impartidos nas xornadas.

Obradoiro Imaxes e textos sobre os indíxenas en materiais didácticos do Brasil: unha avaliación, de Giovani José da Silva.
                           https://evaluationre.wordpress.com/resumo-obradoiro-5/

Obradoiro sobre os materiais das ONGs, de Marta Esplugues.



Obradoiro de videoxogos para promover cambios sociais  impartido por Silvia López e Sandra Dorado. 






Obradoiro sobre os materiais didácticos para a escola e a comunidade elaborados dende o contexto local, de Denévola Álvarez.


     Obradoiro O espello roto que fire a un pobo, de Santiago Quiroga e Fernando Martínez

                            https://evaluationre.wordpress.com/resumo-do-obradoiro-5/

Agradecer a Nova Escola Galega e o grupo Cavila ter contado co CPI Virxe da Cela para o desenvolvemento destas xornadas e á dirección do centro pola magnífica organización das mesmas.


            

23/02/17

DÍA DE ROSALÍA NO VIRXE DA CELA

No  noso centro quixémonos unir, un ano máis á celebración do nacemento de Rosalía, protagonista activa do Rexurdimento da nosa literatura. Entre as actividades que realizamos está a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) a través da cal alumnos/as e profes quixemos conmemorar o Día de Rosalía de Castro realizando un Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe.


Tamén os nenos e nenas de infantil puxéronlle cor a Rosalía compartindo locuras e soños. E como dicía Rosalia… “vaia se os paxaros falan...”tanto que ata casaron aos nosos paxariños e lles construiron uns niños no Virxe da Cela de Monfero. Maneiras e maneiras de celebrar a #Candelaria e #RosalíaTe.