O alumnado de 2º de EP elaborou un mapa interactivo no que recompilou a información do patrimonio material e inmaterial que os rodea grazas a axuda das familias, a aplicación de Google "My maps" e a outra información que atopou na rede. Trátase dunha actividade de busca de información na que traballaron con diferentes fontes e na que tiveron que seleccionar, resumir, buscar... e outras destrezas propias da competencia informacional e dixital. Picando na imaxe accederedes ao resultado! Nos globos laranxa tedes os traballos do alumnado e nos azuis so a localización dos lugares de interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario