13/05/24

XVI XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

 





A responsable do Club de Lectura Larpacontos asistiu á XVI Xornada de Clubs de lectura (martes 14 de maio de 2024 - Edificio Fontán. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela). Esta xornada constitúe unha reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 

Esta ocasión aproveitouse para facer entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2024, que desta vez recaeu na escritora Arantza Portabales por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2022/2023. Entre as actividades programadas contouse coa intervención (por vídeoconferencia) da antropóloga e investigadora Michèle Petit acompañada pola profesora da USC Montse Pena Presas, da experta en Lectura Fácil Laia Vidal, sesións simultáneas coa experiencia de oito centros integrados no programa, un obradoiro de teatro a cargo de Artur Trillo, un obradoiro de poesía con Rosalía Fernández Rial, unha charla sobre a construción de paseos literarios con Ócar Senra e unha ollada arredor do cómic con Pío Barreiro e Xaime Lis. Pechará a xornada a autora de banda deseñada Julia Lago.

Ademais da experiencia de poder participar nestas xornadas e asistir a tan interesantes charlas e obradoiros, levámonos dous fermosos libros de agasallo para fornecer a nosa biblioteca escolar: O bosque é a nosa casa (Sara Fernández e Sonia Roig) e Os libros e a beleza. Somos animais poéticos. (Michèlle Petit). Moitas grazas á Asesoria de Bibliotecas Escolares de Galicia.




Programa Xvi Xornadas Club ... by veracruces


Ningún comentario:

Publicar un comentario