Co gallo da celebración do Entroido o departamento de artes plásticas en colaboración ca biblioteca realizou unha exposición de carautas na entrada á mesma.
O alumnado partiu dunha carauta de cartón branca e a decoraron
con distintas técnicas: pintura, collage…. A temática foi aberta pero
trátase dun exercicio de creatividade e por iso tiveron prohibido copiar máscaras xa existentes, teñen que usar a carauta en branco como un
soporte no que plasmar unha imaxe. Tamén inventaron monstros e
moitas composicións de cores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario