Un
ano máis volvemos convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de catro
semanas e coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de
Educación Primaria e aos catro cursos da ESO.
Bases do Preguntón
PARTICIPANTES
Poderá participar o
alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando
equipos de 2 persoas de calquera curso.
Os participantes deberán
inscribirse na Biblioteca debendo cubrir unha folla cos datos dos compoñentes
do grupo e o nome do grupo.
Poderanse apuntar ata o venres 26 de abril.
O XOGO
-O xogo desenvolverase
dende o venres 26 de abril ata o xoves 16 de maio. Consta de varias
preguntas ou probas.
Estarán expostas no
taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no blog da
Biblioteca Castelao.
- Cada venres publicaranse
no taboleiro e no blog as preguntas ou probas.
- Cada luns publicaranse no taboleiro as puntuacións obtidas.
-O prazo para entregar
as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes empregar
calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os vosos
propios recursos.
-As respostas debedes
presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no prazo previsto
nunha furna habilitada para este concurso.
-Cada pregunta ou
proba ten unha puntuación indicada explicitamente. Os equipos que presentedes a
resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
- NOVIDADE: Punto extra: poderase gañar un
punto extra por cada pregunta na que se indique un libro da nosa biblioteca
onde se atopa a resposta. Anotarase o título, autor e páxina onde está a
resposta indicada.
-Cando semana cando
remate o prazo de entrega, publicaremos as respostas no taboleiro do
Concurso.
GAÑADORES
-O equipo gañador será
o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de empate, o premio
será repartido entre os equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un equipo
gañador e dous equipos finalistas.
XURADO
-O xurado estará
composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado detecta
calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a
descualificación do equipo ou equipos implicados. -A participación no
concurso supón a aceptación de todas estas bases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario