O pasado venres 8 de febreiro os nenos de
quinto de primaria do CPI Virxe da Cela foron de visita ao CEIP Barouta no
concello de Ames.
Alí realizaron un programa de radio xunto
con outros 10 nenos de dito centro, para conmemorar o Día da Radio, que se
celebra en todo o mundo o 13 de febreiro.
Neste programa de radio entrevistaron a
Gorka Zumeta, famoso xornalista e fotógrafo, e tamén entrevistaron a
Nazaret López, xornalista de Radio Ames.
Para o noso alumnado foi unha experiencia
moi importante porque por primeira vez tiveron contacto cun estudo de radio
real emitindo en directo por Radio Ames. Ademais compartiron a experiencia radiofónica con
outros nenos e nenas que tamén fan radio no seu cole..
Posteriormente, o mesmo día 13, Sergio
Pascual, o noso profesor de radio, mantivo unha conversación con Carles Francino
sobre o proxecto de radio CPI Virxe da Cela no programa “La Ventana” da Cadena
SER. Neste programa emitiuse tamén a entrevista que os nosos pequenos
reporteiros fixeron a Gorka Zumeta, responsable de “La Ventana” no pasado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario