Foi unha actividade exclusiva para os membros do club de lectura. A profesora Carmen Espiñeira, preparou unha pequena “gincana” para resolver por equipos, usando as cámaras dos seus móviles, os retos que previamente tiveron que investigar na biblioteca e internet e por último o plano do cemiterio. Nos retos había distintos obxectivos: autores literarios, artistas, epitafios...
Imaxes obtidas polo equipo gañador
Os distintos equipos investigando
Membros do club Larpacontos 2018
O Cemiterio Municipal de San Amaro A Coruña é
un Camposanto histórico do ano 1854 e dos máis importantes de Galicia, xa que
nel descansan numerosas personaxes
ilustres e pertence desde o ano 2012 ao ASCE (Asociación Europea de
Cemiterios Significativos).
O cemiterio está dividido en tres zonas:
• A zona Relixiosa.
• A zona Civil.
• A zona Británica.
Este último é privado xa que o comprou o
cónsul británico en Galicia e permanece pechado.
Itinerarios deseñados polo concello.
Existen uns itinerarios que o Concello da
Coruña ten dispoñibles nas oficinas de turismo e no propio cemiterio.
1 - Itinerario dos creadores, historiadores e
científicos:
Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Curros
Enríquez e Wenceslao Fernández Fórez son
algúns dos 70 grandes nomes que se propón visitar nesta ruta.
2 -
Itinerario dos políticos, os militares e os soños da Coruña:
Nesta ruta proponse visitar as sepulturas das
personalidades fusiladas na Guerra Civil e unha considerada heroína que axudou
na epidemia do cólera en 1854.
3 - Itinerario dos segredos de San Amaro:
Neste itinerario proponse visitar as tumbas de
soldados alemáns vítimas do afundimento do submarino Ou966 Gut Holtz o 10 de
novembro de 1943, ademais de xentes do pobo falecidas durante a Guerra Civil.
4 - Itinerario artístico:
A proposta deste itinerario é percorrer os
panteóns máis artísticos cun total de 29 paradas con xoias do neoclasicismo, templos neorománicos ou xónicos,
ou panteóns modernistas.
Por todo esto é unha visita que vos recomendamos, incluso tedes a posibilidade de facer unha visita nocturna guiada: http://visitasguiadas.coruna.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario