Un ano máis volvemos
convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de catro semanas e
coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria
e dos catro cursos da ESO.
Bases do Preguntón
PARTICIPANTES
Poderá participar o
alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando
equipos de 2 persoas de calquera curso.
Os participantes deberán
inscribirse na Biblioteca debendo cubrir unha folla cos datos dos compoñentes
do grupo e o nome do grupo.
Poderanse apuntar ata
o xoves 12 de abril.
O XOGO
-O xogo desenvolverase
dende o venres 13 de abril ata o venres 4 de maio. Consta de varias
preguntas ou probas.
Estarán expostas no
taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no blog da
Biblioteca Castelao.
-Cada venres publicarase
no taboleiro e no blog as preguntas ou probas, así como a puntuación acadada.
-O prazo para entregar
as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes empregar
calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os vosos
propios recursos.
-As respostas debedes
presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no prazo previsto
nunha furna habilitada para este concurso.
-Cada pregunta ou
proba ten unha puntuación indicada explícitamente. Os equipos que presentedes a
resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
-Cando semana cando
remate o prazo de entrega, publicaremos as respostas no taboleiro do
Concurso.
GAÑADORES
-O equipo gañador será
o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de empate, o premio
será repartido entre os equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un equipo
gañador e dous equipos finalistas.
-Todos os
participantes levarán un diploma de participación.
XURADO
-O xurado estará
composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado detecta
calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a
descualificación do equipo ou equipos implicados.
-A participación no
concurso supón a aceptación de todas estas bases.
Animádevos a concursar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario