
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades:
unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra escura,
de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín,
unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos
visitaban as casas.

En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante
toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos
costumes aos Estados Unidos
E na nosa biblio andamos entre cabazas e portas terroríficas celebrando o samaín. Preparamos un mural na porta de entrada co título “Eu teño medo a…” onde deixar os nosos medos.
Tamén podedes achegarvos ao recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario